"ASEA" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 378.

      1. Loita armada entre dous ou máis países ou estados, ou entre grupos ou bandos dunha mesma nación.

      2. Guerra en que se empregan contra o inimigo bacterias, virus, fungos e outros, dispersados co fin de provocar os correspondentes efectos nocivos ou mortais sobre as persoas, gando e plantacións.

      3. Guerra entre os cidadáns dun mesmo país ou dun mesmo Estado.

      4. Guerra que se desenvolve no espazo exterior á Terra.

      5. Guerra en que se empregan armas nucleares.

      6. Loita armada, mantida durante a Idade Media, entre señores territoriais, soberanos, cidades ou vilas e que non afectaba á totalidade dun Estado.

      7. Guerra en que se empregan contra o inimigo diversas substancias químicas polos seus efectos tóxicos sobre os seres vivos.

      8. Estratexia de guerra (Blitzkrieg) desenvolvida polos alemáns durante a Segunda Guerra Mundial, baseada nun avance rápido e sorpresivo de unidades terrestres combinadas co apoio da aviación.

      9. Guerra que se produce por motivos relixiosos, como a ğīhād islámica e as cruzadas cristiás.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Descrición gráfica do Sol por medio dun debuxo ou dunha fotografía.

    2. Sistema de reprodución primitivo, baseado no procedemento fotográfico de Niepce, mediante pranchas fotosensibilizadas. Estas eran insoladas cun positivo, reveladas e posteriormente gravadas coas técnicas litográficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de hermético.

    2. Corrente espiritual da tardía época helenística que propuña unha liberación por medio da hipnose e dividía o cosmos en tres zonas: a superior, sede da luz; a inferior, habitada polos homes, sede da materia e da corrupción; e a intermedia, sede dos espíritos e das ánimas.

    3. Tendencia poética italiana contemporánea que se baseaba nunha poesía de linguaxe núa e esencial, de comprensión difícil, que tivo a súa eclosión sobre 1930.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de nutrición dos organismos baseada na incorporación de produtos orgánicos do medio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de propulsión sobre a auga que se basea no fenómeno da reacción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou petencente a Hipócrates e á súa doutrina.

    2. Sistema médico que forma parte da antiga medicina natural de tipo humoral, que se basea na doutrina dos catro elementos e dos catro humores: a bile negra, a flegma, o sangue e a bile.

    3. Xuramento recollido no Corpus Hippocraticum que se basea nos preceptos de Hipócrates ou da súa escola. Polo seu alto espírito humanista, foi adoptado como guía ética pola profesión médica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terapia que se basea na administración repetida de pequenas doses dun determinado alerxénico, co obxectivo de que a súa presenza continuada no organismo xere un proceso de tolerancia inmunolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que inclúe ou está baseado nunha hipótese.

      2. Que é posible, pero que precisa dun razoamento posterior.

    1. Que é dubidoso ou incerto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema terapéutico que se basea no principio hipocrático da similitude e na potenciación dos produtos medicinais, e que emprega extractos vexetais, animais e minerais procedentes da maceración en alcohol, onde se mollan os grans de lactosa que se administran ao enfermo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que está aloxada nun lugar, como invitada ou mediante pagamento.

    2. Animal ou vexetal que aloxa no interior do seu corpo un parasito.

    3. Sistema molecular que se basea na capacidade dunha molécula para acoller outra. As moléculas hóspede tamén se denominan receptores sintéticos e imitan o mecanismo dos encimas.

    VER O DETALLE DO TERMO