"ROM" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2495.

  • Cegueira cromática en que está acentuada a imposibilidade de distinguir a cor vermella. OBS: Tamén se denomina aneritropsia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao protogótico.

    2. Estilo artístico, desenvolvido entre o románico e o gótico a finais do s XII e comezos do s XIII, que supuxo a introdución do arco apuntado, a desaparición de iconografía románica e a humanización das composicións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia formada por unha molécula de porfirina substituída por catro grupos metilo, dous grupos vinilo e dous grupos de ácido propiónico, que se localiza na hemoglobina, na mioglobina e na maioría dos citocromos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proteína do plasma sanguíneo que intervén no proceso de coagulación sanguínea. É o factor II da coagulación.

    2. Proba que mide o conxunto de factores plasmáticos que interveñen na coagulación extrínseca. OBS: Tamén se denomina tempo de Quick.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Encima activado polo sistema extrínseco da coagulación que intervén no paso de protrombina á trombina.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Parte dun corpo que sobresae ou avulta.

      2. apófise.

      3. Parte intermedia que está situada entre o bulbo, os pedúnculos cerebrais e o cerebelo.

    1. Fonte de gas que se orixina na cromosfera solar e que se propaga dentro da coroa ata alcanzar alturas dalgúns milleiros de quilómetros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfoarseniuro de prata que cristaliza no sistema romboédrico ou trigonal en cristais prismáticos de forma hexagonal e en masas compactas de cor vermella escura.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Unidade administrativa territorial de primeiro grao propia de moitos estados.

      2. Territorio sometido á xurisdición dun maxistrado romano na Antiga Roma, que correspondía aos termos xenéricos de rexión, nación.

      3. Conxunto de mosteiros ou conventos de cada unha das ordes relixiosas que ocupan un territorio e que dependen dun mesmo superior ou provincial.

      4. Circunscrición territorial máis ampla das circunscricións eclesiásticas, constituída por un grupo de dioceses, territorialmente contiguas, e administrada por un arcebispo ou metropolitano.

      5. Circunscrición territorial propia de ordes e congregacións relixiosas, máis grandes ca as divisións administrativas dos estados.

    1. División fitoxeográfica inferior á rexión, en que abundan os endemismos a escala de xénero e especie.

    2. Rexión natural onde as rochas correspondentes a determinados ciclos de actividade ígnea se caracterizan individual e colectivamente pola súa composición química e mineralóxica, pola súa textura e estrutura, pola xénese, polas alteracións e por todo aquilo que indique comunidade de orixe e analoxía de evolución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de próximo.

    2. Territorio próximo a un punto determinado. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parella de elementos xenéticos asociados con segmentos duplicados dalgúns cromosomas, que se comportan como alelos, pero que, a diferenza destes, son separables.

    VER O DETALLE DO TERMO