"Sula" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 389.

  • Forma prefixada que se emprega na formación de palabras co signicado de ‘da Península Ibérica’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao grupo de linguas románicas faladas na Península Ibérica: o galego, o portugués, o asturleonés, o castelán, o aragonés, o catalán e o desaparecido mozárabe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ilirios.

    2. Individuo do pobo ilirio.

    3. Pobo indoeuropeo que habitou a costa adriática da Península Balcánica e se estendeu cara a Grecia e Italia, onde se fusionou cos dálmatas, liburnos e istrios. Constituíu un reino no s III a C.

    4. Grupo de linguas indoeuropeas que comprende as linguas dos vénetos, dos mesapios e dos filisteos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina e movemento cristián que se difundiu na Península Ibérica, e que consideraba a fe como experiencia mística, á que se chegaba por contemplación ou abandono, oposto a calquera clase de voluntarismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos indoeuropeos ou á lingua indoeuropea.

    2. Individuo do pobo indoeuropeo.

    3. Pobo de orixe indeterminada, malia que algúns autores o consideran orixinario das estepas asiáticas, e que efectuou migracións cara ao Danubio, o val do Rin, o altiplano do Irén, o N da península indostánica, o N de Alemaña, as Illas Británicas, Francia, a Península Ibérica e Italia.

    4. Lingua que se falaba nunha rexión da chaira europea, nas costas do Mar Báltico, val do Danubio e Ucraína, a finais do Neolítico e comezos da Idade de Bronce. Comprende as familias lingüísticas xermánica, celta, báltica, eslava, románica, indoirania, anatolia, o grego e o albanés.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente aos insectos.

      2. Artrópodo da clase dos insectos.

      3. Clase de artrópodos que teñen o corpo segmentado, dividido en cabeza, tórax e abdome, tres pares de patas e dous pares de ás, que presentan metamorfose durante o seu desenvolvemento. A cabeza está formada por seis segmentos cubertos pola cápsula cefálica, un par de antenas e o aparato bucal. O tórax está dividido en protórax, mesotórax, no que se insire un par de patas, e metatórax, no que poden ir un par de ás nervadas. É o grupo máis abundante e cosmopolita do reino animal.

    1. Insecto, da orde dos fásmidos, que se caracteriza por ter o corpo achaiado, de cor verde, con forma de folla e con expansións laminares.

    2. Insecto da orde dos fásmidos, co corpo áptero, delgado, alongado e cilíndrico, que presenta homocromía; é esencialmente nocturno e queda completamente inmóbil durante o día.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lóbulo do cerebro que se sitúa no fondo da cisura de Silvio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casa romana plurifamiliar de aluguer, formada por varios pisos e destianda ás clases populares, que constaba de tabernae na planta baixa e estaba delimitada por cardines e decumani que constituían un rueiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a unha illa.

    2. Natural ou habitante dunha illa.

    3. Escritura desenvolvida en Gran Bretaña e Irlanda na Idade Media, especialmente entre os ss VII e X, a partir das escrituras uncial e semiuncial, levadas desde o continente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de insular.

    VER O DETALLE DO TERMO