"tetra" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 134.

  • Sulfuro de cobre e de ferro, que cristaliza no sistema tetragonal, en masas ou cristais a miúdo deformados e difíciles de identificar. É da cor do bronce ou amarela dourada, e ten un brillo metálico. É moi importante para a obtención de cobre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cloruro mercurioso, que se presenta en cristais pequenos e tetragonais e se emprega en medicina como purgante e vermífugo.

    2. Electrodo de referencia de fácil preparación e de potencial moi constante, empregado en substitución do electrodo normal de hidróxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dióxido de estaño, que presenta cristais tetragonais, fráxiles, opacos, de cor parda ou negra. É o único mineral que se emprega para a obtención do estaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Grupo de minerais con estruturas formadas por unha rede tridimensional de tetraedros de (Si,Al)O 4 .

      2. Mineral do grupo das ceolitas.

    1. Aluminosilicatos, tanto naturais como sintéticos, de estrutura tridimensional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Artiodáctilo ruminante, da familia dos bóvidos. Os machos teñen catro cornos, caso único entre os bóvidos; dous, pequenos, situados entre as cuncas orbitais, e os outros dous en posición normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade de silicatos que comprende aqueles que teñen como unidade estrutural aneis formados por tres, catro ou seis grupos tetraédricos (SiO 4 ) 4- .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de circonio que cristaliza no sistema tetragonal, de cor marrón ou avermellada, pero tamén pode ser incoloro, gris, verde ou violeta. Algunhas variedades empréganse en xoiaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antibiótico do grupo das tetraciclinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto coa estrutura tetrapirrólica da vitamina B 12 ou cianocobalamina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composición breve que serve de letra a unha cantiga popular ou outra que a remeda. Corresponde a unha combinación de catro versos octosílabos, con rima asonante nos versos pares e sen rima nos impares.

    2. Composición de oito versos octosílabos distribuídos en dúas semiestrofas de catro versos, con catro rimas consonantes diferentes cruzadas ou abrazadas. Procede, posiblemente, da lírica galego-portuguesa.

    3. Estrofa de rima consonante que na Idade Media substituíu á caderna vía e que posteriormente foi relegada polo auxe dos hendecasílabos, da oitava real e do soneto. Consta de oito versos de arte maior, polo común dodecasílabos, con dúas ou tres rimas consonantes diferentes, cruzadas ou abrazadas e organizadas de catro en catro. Os versos cuarto e quinto adoitan rimar entre eles. Algúns teóricos afirman que a súa orixe está na poesía medieval galego-portuguesa. Empregouse con asiduidade na lírica culta castelá do s XV.

    4. Estrofa formada, polo común, por oito versos octosílabos, con tres rimas consonantes diferentes cruzadas ou abrazadas. Foi habitual na poesía popular ata a segunda metade do s XV.

    5. Estrofa que consta de seis versos, catro octosílabos e dous pés crebados tetrasílabos, isto é, que se organiza en dous tercetos octosílabos simétricos rematados cada un deles nun cuarto verso tetrasílabo. Ten rima consonante. OBS: Tamén se denomina dobre sextilla, copla manriqueña ou copla de Jorge Manrique.

    6. Molde métrico que pode ter de sete a doce octosílabos e un número variable de rimas, con ou sen enlace entre as dúas semiestrofas. Procede da poesía occitana medieval e seguiu empregándose ata o Século de Ouro español.

    7. Estrofa de dez versos octosílabos consonantes distribuídos en dúas semiestrofas de cinco versos con rimas diferentes, proliferou nos cancioneiros casteláns dos ss XV e XVI. OBS: Tamén se denomina décima falsa, estancia real ou quintilla dobre.

    VER O DETALLE DO TERMO