"nuclei" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 45.

  • Base púrica nitroxenada que contén un grupo guanidínico e que entra na constitución dos nucleótidos que forman parte da estrutura dos ácidos nucleicos. Nas secuencias nucleotídicas represéntase coa letra G.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Órgano mecánico constituído por unha ou máis pas de formas diversas, fixadas radialmente a un eixe motor, e que está destinado a converter, en interacción cun fluído, a forza mecánica de rotación en forza de translación no sentido do seu eixe.

    2. Dobramento semicircular que limita o pavillón da orella por adiante, por arriba e por detrás.

    3. oluta do capitel corintio.

    4. Modelo que trata de explicar a disposición espacial dunha molécula de ácido desoxirribonucleico segundo o que a molécula de DNA se dispón nunha hélice de dúas febras con xiro á dereita, que se forman pola unión covalente de miles de desoxirribonucleótidos, e que se dispoñen de forma antiparalela e se unen por pontes de hidróxeno que se establecen de xeito específico entre as bases.

    5. α

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao ácido que é nucleótido da hipoxantina e que está presente nalgúns ácidos nucleicos, como o ARN de transferencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de lonxitude dos ácidos nucleicos que equivale a 1.000 parellas de bases da cadea do ADN. OBS: Tamén se denomina kb.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partícula citoplasmática granular, rica en encimas que serven de soporte ao ácido ribonucleico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade estrutural dos ácidos nucleicos que está formada por unha base nitroxenada, un azucre de cinco átomos de carbono e ácido fosfórico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. nitroxenar.

    2. Relativo ou pertencente ao nitróxeno.

    3. Que contén nitróxeno.

    4. Derivado da purina e da pirimidina, que forma parte dos ácidos nucleicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Encima que hidroliza parcialmente os ácidos nucleicos e os descompón en nucleótidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao ácido que é unha macromolécula formada por grupos de nucleótidos unidos entre si mediante enlaces covalentes, e que é responsable do almacenamento e da transferencia do código xenético.

    VER O DETALLE DO TERMO