"diali" (En toda a entrada)

Amosando 5 resultados de 25.

    1. Que é semellante a unha bolboreta.

    2. Aplícase á corola dialipétala, cigomorfa, pentámera e de perfloración vexilar, que consta dun pétalo posterior grande ou estandarte, con dous pétalos laterais ou ás e dous pétalos inferiores ou internos que forman a carena. É característica das papilionáceas.

    3. fabáceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás podostemonais.

    2. Planta da orde das podostemonais.

    3. Orde de plantas dicotiledóneas dialipétalas, que presenta flores hermafroditas, monoclamídeas e con numerosos rudimentos seminais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás rosais.

    2. Planta da orde das rosais.

    3. Orde de plantas, dicotiledóneas, dialipétalas que está formada por plantas leñosas ou herbáceas, de follas simples ou compostas, con estípulas e con flores radiais, pentámeras e diclamídeas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás sapindais.

    2. Planta da orde das sapindais.

    3. Orde de plantas leñosas, da clase das dicotiledóneas, que se caracterizan por ser dialipétalas, secretoras de resinas ou esencias, con follas alternas e flores hermafroditas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás violais.

    2. Planta da orde das violais.

    3. Orde de plantas dicotiledóneas dialipétalas que presentan follas simples, flores hermafroditas, poliandrias, diclamídeas e de froitos diversos.

    VER O DETALLE DO TERMO