"adaptado" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 40.

    1. Relativo ou pertencente aos espalácidos.

    2. Mamífero da familia dos espalácidos.

    3. Familia de mamíferos da orde dos roedores, de forma redondeada, patas curtas e provistas de unllas, rabo moi curto, cabeza achatada, fociño en forma de pa, ollos cubertos de pel e orellas ausentes. Son animais adaptados á vida subterránea e por iso son uns formidables escavadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos fasgonúridos.

    2. Insecto da suborde dos fasgonúridos.

    3. Suborde de insectos, da orde dos ortópteros, que presenta antenas máis longas ca o corpo e multisegmentadas e o terceiro par de patas moi desenvolvido e adaptado ao salto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brazo modificado ou tentáculo dos machos dos cefalópodos, adaptado para transferir os espermatozoides, pechados nun espermatóforo, á cavidade paleal da femia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos heterópodos.

    2. Caracol mariño que pertence a este grupo.

    3. Grupo de gasterópodos prosobranquios mesogasterópodos, adaptados á vida peláxica coa cuncha reducida e o pé comprimido en forma de aleta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos hirudíneos.

    2. Anélido da clase dos hirudíneos.

    3. Clase de anélido, integrada por individuos de corpo cilíndrico e brando, e provistos de dúas ventosas terminais coas que se fixan ás súas víctimas para despois zugarlles o sangue. Son animais parasitos ou depredadores,adaptados a un réxime hematófago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non se adapta a unhas determinadas circunstancias. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a un só ollo.

    2. Que emprega un só ollo.

    3. Que está adaptado ao uso dun só ollo.

    4. Aplícase aos instrumentos ópticos que teñen un só ocular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de montar.

    2. Operación de selección, ordenamento e empalme do material filmado para unha película.

    3. Posta en escena dunha obra de teatro.

    4. Imaxe que se obtén a partir de diferentes fotografías montadas e colocadas xuntas.

    5. Acción preparada coa finalidade de enganar ou confundir.

    6. Conxunto de diversas pezas, adaptadores ou compoñentes, que se atopan axustados co fin de obter un aparato ou unha instalación para facer probas nun laboratorio.

    7. Imposto medieval que percibía o señor xurisdicional pola pasaxe de gando por un monte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Edificio da época romana especialmente construído e adaptado para a celebración de combates navais.

    2. Espectáculo que na Antigüidade clásica, sobre todo en Roma, reproducía un combate naval.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos odobénidos.

    2. Animal da familia dos odobénidos.

    3. Familia de mamíferos, da orde dos carnívoros, adaptados á vida mariña e cos cabeiros moi desenvolvidos, á que pertencen as morsas.

    VER O DETALLE DO TERMO