"Rancé" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 56.

  • Conxunto de estudos filolóxicos e lingüísticos realizados, sobre todo nos dominios lingüísticos francés e alemán, sobre as linguas vernáculas escritas antes da invención da imprenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oitavo mes do calendario republicano francés (1792-1805) que vai do 20 de abril ao 20 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Francia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Francia.

    3. Lingua románica occidental, que pertence ao dominio galorrománico, idioma oficial de Francia, Bélxica, Suíza, Mónaco, Luxemburgo, e de territorios colonizados por Francia como Québec, Haití, Polinesia Francesa, Cambodia, Senegal e Camerún.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Invasión realizada polos franceses en España en 1808.

    2. Dito ou feito propio dos franceses.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xiro ou modo de falar propio propio e característico da lingua francesa.

    2. ocábulo ou xiro da lingua francesa usado noutra lingua.

    3. Emprego de vocábulos ou xiros franceses noutra lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unidade monetaria de Burundi, Benin, Burkina Faso, Camerún, República Centroafricana, Chad, Comores, Congo, Costa de Marfil, Gabón, Guinea Ecuatorial, Lietchtenstein Madagascar, Mali, Níxer, Rwanda, Senegal, Suíza, Togo, Djibuti e as colonias francesas da Polinesia.

      1. Unidade monetaria principal de Francia establecida formalmente en 1795 pola Convención Nacional, cunha equivalencia de 5 g de prata, que se empregou tamén como moeda de curso legal en Mónaco e Andorra. Foi substituído polo euro en 2002 e o seu cambio ofi  cial co euro fixouse en 6,5595.

      2. Moeda francesa de ouro, cuñada por primeira vez en 1360, cun peso arredor de 4 g e o valor dunha libra tornesa.

      3. Moeda francesa de prata creada por Enrique III en 1575, cun peso de 12 a 14 g e o valor dunha libra tornesa.

      4. alor monetario establecido a finais do s XVIII equivalente a unha libra tornesa, cuxa diminución orixinou o franco francés.

      5. Unidade monetaria de Bélxica desde 1832. Foi substituído polo euro en 2002.

      6. Unidade monetaria de Luxemburgo. Foi substituído polo euro en 2002.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada que se emprega na formación de palabras co significado de ‘francés’, ‘libre’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos francófonos.

    2. Que ten o francés como lingua habitual. Tm s, referido a persoa ou colectividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terceiro mes do calendario revolucionario francés (1792-1805), que corresponde ao intervalo do 22 de novembro ao 20 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doceavo mes do calendario republicano francés (1792-1805) que se corresponde co intervalo comprendido entre o 18 de agosto e o 16 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO