"Lens" (En toda a entrada)

Amosando 9 resultados de 29.

  • Relativo ou pertencente ao Condado Portucalense.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Setúbal ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Setúbal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto ordenado de ideas, independentes da realidade práctica, que tratan de explicar un fenómeno.

    2. Conxunto de coñecementos completo e sistemático sobre unha materia, arte ou ciencia.

    3. Teoría segundo a que todos os elementos químicos están constituídos por átomos, que permanecen indivisibles durante as reaccións químicas, e que teñen unha serie de propiedades, como a masa atómica, que é característica de cada elemento. Se dous ou máis elementos se combinan, o composto resultante está formado por átomos dos elementos reaccionantes, onde a molécula é a cantidade mínima dun composto, que ten que estar constituída, como mínimo, por un átomo de cada un dos elementos que a orixinan.

    4. Teoría segundo a que todo o efecto da supercondutividade resulta dunha pequena forza de atracción entre unha parella de electróns con enerxías case iguais (parellas de Cooper). Os electróns libres repélense mutuamente, pero a repulsión está reducida considerablamente por mor do apantallamento dos outros electróns.

    5. Teoría que explica as propiedades das solucións acuosas de electrólitos fortes, admitindo que están completamente disociados en ións e que as desviacións observadas respecto ao comportamento previsto pola ecuación de Arrhenius proveñen das súas interaccións electrostáticas.

    6. Teoría segundo a que o dilema que presentaba a existencia de solucións correspondentes a estados de enerxía negativos, carentes de significación física, pode resolverse postulando que o oco está ocupado por positróns.

    7. Teoría que considera a superficie da Terra como un sistema integrado, en que os organismos vivos e os factores xeolóxicos e climáticos están interrelacionados e se inflúen mutuamente. OBS: Tamén se denomina hipótese de Gaia.

    8. Teoría segundo a que cando un metal ou calquera substancia se disocia en ións ou se somerxe nun disolvente se crea unha diferenza de potencial entre o disolvente e a parte de metal ou substancia que aínda non se disolveu.

    9. Teoría, enunciada co fin de atopar unha formulación que satisfixese a experiencia na radiación dun corpo negro, segundo a que calquera sistema físico en que a coordenada que o caracteriza efectúe oscilacións harmónicas simples, soamente pode ter unha enerxía total E que satisfaga a relación E=nhv, onde n é un enteiro (dito número cuántico), h a constante de Planck e v a frecuencia de oscilación.

    10. Teoría da física dos reactores nucleares, segundo a que o intervalo de enerxía en que evolucionan os neutróns se descompón nun determinado número de bandas de características definidas, o que simplifica o estudo do fluxo neutrónico.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ave da familia dos carádridos de plumaxe clara cincenta e ás  de cor verde-metálica, propia de América do S.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Plataforma feita con terra sobreposta que se emprega para encher un desnivel.

    2. Pendente pronunciada situada nas beiras dunha vía de comunicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore, da familia das melicáceas, da que se extrae unha madeira que se emprega en ebanistaría e que se confunde coa da caoba africana. OBS: Tamén se denomina calungi.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Teruel ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Teruel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Froito da vide, comestible, redondo e agrupado en acios.

    2. Froito doutras plantas semellante ao froito da vide.

      1. Planta herbácea perenne, rubideira, da familia das tamaricáceas, de talos delgados, follas enteiras, flores en acios e froitos vermellos en baga.

      2. herba do lagarto.

      3. herba carmín/tintureira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás cidades de Vila Real (Norte de Portugal) ou de Vila-real (Castelló) ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante destas cidades.

    VER O DETALLE DO TERMO