"Lang" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 57.

  • Rizoma dalgunhas plantas do xénero Alpinia que se utiliza como aromatizante de licores e como condimento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de gastar.

    2. Excrementos dalgúns animais.

    3. Conxunto de detritos de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hormona polipeptídica que segregan as células A dos illotes de Langerhans do páncreas e que aumenta a concentración de glicosa no sangue mediante o estímulo da actividade fosforilasa do fígado.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao pobo ibero, á súa cultura ou á súa lingua.

      2. Individuo do pobo ibero.

      3. Conxunto de pobos que se estenderon entre o Languedoc meridional e Andalucía, ocupando o litoral e parte de Aragón, Catalunya, a Comunitat Valenciana, Murcia e Andalucía. Esta denominación apareceu nas fontes gregas desde o s V a C e empregouse para designar a Península Ibérica.

      4. Lingua dos iberos, estendida no levante da Península Ibérica. OBS: Tamén se denomina ibérico.

      1. Relativo ou pertencente á antiga rexión de Iberia, no Cáucaso.

      2. Natural ou habitante da antiga rexión de Iberia, no Cáucaso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore da familia das annonáceas, de orixe asiática, que se utiliza en perfumaría, fitoterapia e farmacoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor que se forma polas células β dos illotes de Langerhans do páncreas, produtores de insulina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome que reciben diversas especies de insectos da orde dos ortópteros. Caracterízanse por ter antenas curtas, cor terroso e órganos estriduladores formados polos élitros e os fémures. Son fitófagos e teñen costumes gregarios.

      1. Crustáceo da familia dos palinúridos, que presenta o segundo par de antenas longas e fortes, o primeiro par de patas marchadoras e non teñen pinzas.

      2. Crustáceo macruro da familia dos palinúridos. Presenta o corpo de cor arrubiado ou rosa, xaspeado de manchas. Ten hábitos nocturnos e aliméntase de prea, bivalbos e gasterópodos.

      3. Crustáceo decápodo da familia dos palinúridos, que presenta o corpo de cor verdosa cunha mancha transversal branca en cada segmento do abdome. OBS: Tamén se denomina langosta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos langos.

    2. Individuo do pobo lango.

    3. Pobo de África oriental, de etnia nilótida, que habita ao N do lago Kioga, Sudán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de lánguido.

    VER O DETALLE DO TERMO