"Frixe" (En toda a entrada)

Amosando 8 resultados de 28.

    1. Produción ou utilización de temperaturas inferiores ás atmosféricas normais.

    2. Procedemento de conservación dos alimentos que provoca a inhibición do crecemento microbiano e das reaccións encimáticas, efectuado a temperatura inferior á da conxelación do produto alimentario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que refrixera. Tm s m, referido a aparato. Tm s f, referido a máquina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que refrixera.

    2. Que diminúe exteriormente a temperatura da pel e contribúe así á acción antitérmica doutros medicamentos.

      1. Fluído de características apropiadas para absorber enerxía calorífica a un nivel determinado de temperatura e transportala a un nivel diferente.

      2. Axente, xeralmente líquido, de baixo punto de ebulición, que se emprega para absorber calor dun medio mediante a súa vaporización.

      1. Aparato que permite arrefriar un medio ou condensar un vapor mediante a circulación dun fluído frío.

      2. Aparato que serve para arrefriar o condensado obtido nunha montaxe de destilación, para recollelo a unha temperatura adecuada e minimizar as perdas por evaporación.

      3. Peza dunha montaxe de destilación ou de refluxo, en forma de tubo, onde se condensa o vapor e se arrefría o líquido condensado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Someter a refrixeración.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Alimento lixeiro que se toma para reparar as forzas.

    2. Alivio que se sente con algo que refresca.

    3. Aquilo que alivia unha molestia ou que transmite vitalidade para superar unha situación difícil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gas incoloro cunha grande aplicación como axente refrixerante e como propulsor. OBS: Tamén se denomina industrialmente freón 14.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido incoloro e case inodoro, que se emprega como solvente, refrixerante, axente propelente e extintor.

    VER O DETALLE DO TERMO