"DOM" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 774.

  • Rotacións realizadas nos montes de dominio público para transformarlos en leiras e terreos cultivables.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos aláudidos.

    2. Ave da familia dos aláudidos.

    3. Familia da orde dos paseriformes que comprende aves terrestres de cor predominantemente parda, de marcha rápida, coa uña do dedo posterior das patas moi longa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Afección patolóxica motivada por un exceso de alcalinidade no solo.

      1. Autointoxicación orgánica con alteración do equilibrio ácido-básico do organismo caracterizada por un predominio dos catións.

      2. Alcalose caracterizada pola presenza dun exceso de bases ou pola perda de ións hidróxeno.

      3. Alcalose debida fundamentalmente a unha hiperpnea que conduce a unha eliminación excesiva de anhídrido carbónico con produción de hipocapnia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Limitación da personalidade propia dun individuo ou sociedade motivada por factores externos, como a política ou a economía.

    2. Acto polo que unha persoa transmite a outra ou a outras o dominio ou outro dereito sobre unha cousa.

    3. Estado da persoa que padece unha enfermidade mental.

    4. Ausencia de consciencia lingüística, que prexudica o proceso normalizador nunha comunidade bilingüe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Oficio de revisar e manter a exactitude dos pesos e medidas, ademais de fixar os prezos, na antigüidade.

    2. Lugar ou apartado onde se facía a operación de contrastar pesos, medidas e prezos.

    3. Antigo mordomo ou administrador da facenda real.

    4. Funcionario ou administrativo encargado da fiscalización dos mercados en Marrocos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condición do dominio en alodio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos Alpes ou ás montañas elevadas.

      1. Relativo ou pertencente ao grupo humano alpino ou aos individuos que o compoñen.

      2. Individuo do grupo humano alpino.

      3. Grupo humano leucodermo, do subgrupo braquicéfalo, que se localiza en Europa Central e Francia.

    2. Relativo ou pertencente ao piso alpino.

    3. Conxuntos montañosos erguidos durante o ciclo oroxénico alpino.

    4. Ciclo oroxénico que abrangue os movementos oroxénicos producidos ao longo dos últimos 225 millóns de anos da historia da Terra, durante as eras Secundaria e Terciaria.

    5. Estilo tectónico baseado nun manto de corremento, encabalgamentos e dobramentos.

    6. Piso propio das altas montañas caracterizado polo predominio dos prados e a ausencia de árbores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina e estudo empírico e experimental dos feitos químicos durante a Antigüidade e a Idade Media, cuxos principais obxectivos foron a procura da pedra filosofal, supostamente capaz de converter os metais baixos en prata e ouro, e do elixir da longa vida, panacea universal capaz de alongar a vida indefinidamente. Na alquimia coexistiron sempre os aspectos experimental, filosófico, esotérico e místico, que foi a miúdo dominante. Pese a todo, as súas importantes descubertas formaron a indispensable base empírica sobre a que se edificou a química moderna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás plantas que, nun mesmo país, se poden atopar en localidades separadas por desniveis de máis de 2.000 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falta de fluxo menstrual.

    2. Amenorrea que se produce como consecuencia de disfunción ou de tumores hipofisarios.

    3. Amenorrea de orixe psicoxénica ambiental ou tumoral.

    4. Amenorrea producida por unha disfunción da medula, das cápsulas suprarrenais ou da tiroide.

    5. Amenorrea ocasionada por unha disxenesia, castración, disfunción ou enfermidades ováricas.

    6. Amenorrea por causa de infeccións, trastornos da nutrición ou anemia.

    7. Amenorrea motivada pola ausencia, hipoplasia ou destrución do endometrio.

    8. Amenorrea que resulta dunha aplasia da vaxina ou da imperforación do hime.

    VER O DETALLE DO TERMO