"Arbus" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 211.

  • Que ten características de arbusto ou semellanza con el.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • exetal leñoso de talo ramificado desde a base e que non supera os 5 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás arecanais.

    2. Árbore ou arbusto da superorde das arecanais.

    3. Superorde de árbores e arbustos, da subclase das arécidas, á que pertencen as ordes das arecais e das pandanais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea ou arbusto, anual ou perenne, que pertence ao xénero Atriplex, da familia das quenopodiáceas. Caracterízase por presentar flores hermafroditas ou unisexuais no mesmo pé, follas planas alternas ou opostas e froito con bractéolas libres ou soldadas só na parte inferior

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto da familia das lamiáceas, aromático, con follas lineares de beira enroscada, de cor verde abrancazado e con flores en espigas rematadas nunhas brácteas púrpuras. Ten virtudes medicinais e as súas flores secas empréganse como ambientador e repelente das trazas dos roupeiros e para elaborar a auga de lavanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás asclepiadáceas.

    2. Planta da familia das asclepiadáceas.

    3. Familia de plantas herbáceas perennes ou arbustos. Presentan follas sinxelas e opostas xunto con flores hermafroditas, actinomorfas e pentámeras. Atópanse principalmente nas áreas tropical e subtropical.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás asteráceas.

    2. Planta herbácea ou arbustiva da familia das asteráceas.

    3. Familia de plantas, da orde das asterais, que presentan follas enteiras ou moi divididas, espinosas ou inermes, inflorescencias en capítulo e que portan flores con limbo actinomorfo e flores zigomorfas cunha lígula de cores e froito en aquenio, con ou sen vilano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto graminoide da subfamilia das bambusoideas, pertencente á familia das poáceas. Os talos son longos e articulados, alcanzando grande altura nalgunhas especies. Pola súa resistencia, utilízase como madeira para a construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe doceacuícola, da familia dos ciprínidos, de corpo robusto. Presenta catro barbelas bucais no beizo superior e dúas posteriores máis longas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome da laurácea macaronésica Apollonias barbujana, elemento florístico esencial da laurisilva.

    VER O DETALLE DO TERMO