"Pont" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 217.

    1. Pequena viga de madeira que se coloca de forma paralela apoiada nas trabes dun tellado ou piso e sobre a que descansan as táboas ou as tellas.

    2. Ponte flotante que está constituída por dúas barcas ou flotadores unidos por un ou máis postes.

    3. Embarcación que ten o fondo, a proa e a popa planas e que se emprega para cruzar ríos ou como base de pontes provisionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de vigas que forman o asento ou base do hórreo.

    2. Conxunto dos pontóns dun tellado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos pontopóridos.

    2. Cetáceo da familia dos pontopóridos.

    3. Familia de cetáceos, da suborde dos odontocetos, que presentan o fociño alongado e que viven en augas costeiras moi pouco profundas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento artístico, esencialmente pictórico, nacido en EE UU a finais da década de 1950, que puxo en evidencia os mecanismos alienantes da sociedade de consumo e a manipulación ideolóxica á que están sometidas as masas, e recuperou os obxectos da vida cotiá ou dos medios de comunicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Bos Aires ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante de Bos Aires.

      1. Relativo ou pertencente a Ponte do Porto (Camariñas) ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante de Ponte do Porto (Camariñas).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Maneira de estar posta unha persoa ou unha cousa. Tm fig.

      2. Maneira de pensar ou de actuar dunha persoa respecto a algo ou a alguén.

      1. Lugar onde está situado un corpo, un país ou unha rexión, especialmente en relación a outros.

      2. Punto do Universo, da Terra ou dun continente en que se localiza unha estrela, un país ou unha cidade, en relación a outros.

      3. Punto do terreo, normalmente protexido da vista do inimigo, preparado para instalar metralladoras, morteiros e en xeral armas pesadas. Tm fig.

      1. Colocación que toma un enfermo, espontaneamente ou cunha finalidade determinada.

      2. ariedade de presentación fetal.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer eloxios públicos a algo ou alguén.

    2. Propor e defender algo por consideralo axeitado e bo.

    3. Proclamar un feito antes de que aconteza.

      1. Facer relación, no consistorio pontificio, dos méritos dunha persoa presentada por un rei ou príncipe para ser designado bispo ou para obter algunha dignidade eclesiástica.

      2. Proclamar solemnemente o papa o nomeamento dun bispo no consistorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é de cor vermella escura tirando a violeta. Tm s m, referido a cor.

    2. Materia colorante vermella que antigamente se extraía da cuncha da púrpura. OBS: Tamén se denomina púrpura de Tiro.

    3. Molusco gasterópodo mariño, dos xéneros <i>Murex e Purpura</i>, da familia dos murícidos, que presenta unha cuncha grosa e ovada de cor vermella e que carece de opérculo.

      1. Banda purpúrea que os romanos superpoñían á túnica e que indicaba a pertenza á orde senatorial ou á orde ecuestre.

      2. estido de cor púrpura que era prerrogativa dos emperadores bizantinos e actualmente dos cardeais.

    4. Enfermidade que se manifesta por unha erupción espontánea de manchas hemorráxicas na pel cun signo predominante e que se debe a trastornos da fase vascular ou da coagulación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno físico que presentan certas substancias, que consiste na emisión espontánea de partículas ou de radiacións, procedentes da desintegración de determinados núcleos que a forman por causa dun arranxo da súa estrutura interna.

    VER O DETALLE DO TERMO