"vermella" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 308.

      1. Planta herbácea do xénero Iris, que presentan un rizoma moi desenvolvido, follas alongadas, flores co perianto con seis divisións e de froitos capsulares.

      2. Planta herbácea perenne, da familia das iridáceas, que presentan un bulbo ovoide, talo oco e folioso, follas lineares e flores pedunculadas de cor azul-violáceo.

      3. Planta herbácea perenne, da familia das iridáceas, con bulbo engrosado, talo erecto, follas opostas, grosas e que nacen da parte inferior, flores azul-violáceas, aromáticas e pedunculadas que están situadas no extremo do talo e o froito oval, dehiscente e de tipo capsular.

      4. Planta herbácea perenne, da familia das iridáceas, que presentan un rizoma reptante e longo, follas basais glaucas, flores pediceladas e froito capsular. É velenoso para o gando, pero en medicina o rizoma pode utilizarse como purgante.

      5. Planta herbácea perenne, da familia das iridáceas, con talo comprimido e follas basais que emiten un olor fedorento, flores pedunculadas de cor azul-grisáceas ou amarelas e froito capsular, oblongo e con sementes vermellas. É velenoso para o gando.

      1. Planta semellante ao lirio.

      2. Planta herbácea, bulbosa, perenne, da familia das liliáceas, de follas lanceoladas e de flores grosas, brancas e olorosas.

      3. Planta herbácea, da familia das liliáceas, de follas lanceoladas en verticilos e flores con tépalos violáceos ou vermellos.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea bulbosa, da familia das amarilidáceas, de follas dísticas laciniadas que aparecen despois da flor, que é única, de cor vermella e con tres tépalos internos levantados e outros tres de extremos colgantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Óxido de chumbo, de cor vermella, que cristaliza no sistema tetragonal.

    2. Óxido de chumbo en forma de escamas dun vermello amarelo que se emprega na fabricación de minio e na preparación de pinturas antioxidantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Repolo, da familia das brasicáceas, de cor vermella.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten unha cor castaña escura, tirando a vermella. Tm s m, referido a cor.

      1. Que presenta unha cor castaña moi clara, semellante á da cor do ouro. Tm s m, referido a cor.

      2. Que ten o cabelo de cor castaña moi clara ou dourada. Tm s, referido a persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rocha sedimentaria, do grupo dos silicatos, de gran fino, densa, compacta, que presenta unha estrutura foliada e non sofre meteorización. É de cor negra azulada ou negra grisácea, ainda que se coñecen variedades vermellas, verdes ou moradas. Procede de sedimentos arcillosos que adquiriron o seu estado ao ser sometidos a altas presións e temperaturas. Emprégase fundamentalmente na construción, coma pedra de pavimentación e fai algunhas décadas nos taboleiros das aulas.

    2. Peza desta rocha, lisa e delgada, que se utiliza sobre todo na construción.

    3. Pedra plana e delgada que se emprega para pavimentar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Designación antiga de calquera enfermidade da pel, habitualmente ulcerosa.

    2. Enfermidade da pel de causa descoñecida, que se caracteriza pola aparición de placas avermelladas ricas en queratina, que ao evolucionar deixa áreas da pel atrófica.

    3. Colaxenose crónica, de causa descoñecida, que afecta sobre todo ás mulleres novas, que pode manifestarse por un eritema das rexións malares da cara, a miúdo en forma de ás de bolboreta, ou por lupus discoide.

    4. Tipo de sarcoidose cutánea.

    5. Tuberculose cutánea, con nódulos avermellados de crecemento lento, que tenden a ulcerarse e a deixar cicatrices.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Protuberancia da pel ou das mucosas, de forma arredondada e de cor vermella, especialmente a que se forma cando as feridas cicatrizan.

    2. Concreción mineral que presenta unha forma arredondada.

    3. Pivote que encaixa nunha peza e sobresae un pouco da súa superficie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta que pertence ao xénero Mandragora, da familia das solenáceas, de follas lanceoladas, flores violetas pedunculadas de propiedades narcóticas e froito de tipo baga vermella.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore, da familia das gutíferas, de froitos de cor vermella comestibles.

    2. Froito desta árbore.

    VER O DETALLE DO TERMO