"heter" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 236.

  • Aplícase ao vexetal heterótrofo que pode satisfacer as súas necesidades biolóxicas con pequenas cantidades de produtos orgánicos no substrato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cuberta coriácea que protexe os ovos dos insectos ortópteros dos dictiópteros e dalgúns heterópteros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de metabolismo heterotrófico dos organismos que utilizan como doadores de electróns compostos orgánicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de ortodoxo.

    2. Profesión da fe cristiá tal como a Igrexa a ensina e define, en oposición ás opinións heréticas e heterodoxas.

    3. Opinión que se concilia co pensamento dun mestre, cos enunciados dunha doutrina ou cos datos dunha relixión.

    4. Conmemoración da vitoria sobre a iconoclastia e da restitución do culto ás iconas, establecida en 842 pola emperatriz Teodora, que a Igrexa ortodoxa celebra o primeiro domingo de Coresma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que oscila.

      1. Circuíto, dispositivo ou aparato destinado a producir oscilacións eléctricas.

      2. Oscilador incorporado aos aparatos receptores superheterodinos, destinado a producir o cambio de frecuencia do sinal recibido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento non metálico pertencente ao grupo VI A da táboa periódica, de número atómico 8 e peso atómico 15,9994. Atópase na natureza en estado libre e, combinado nun gran número de compostos, con todos os elementos, menos cos gases nobres de número baixo. As aplicacións industriais máis importantes do osíxeno son as soldaduras oxhídrica e oxiacetilénica, a obtención de gas de síntese mediante a oxidación parcial do metano e o seu uso en estado líquido como carburante para foguetes.

    2. Conxunto de procesos das células fotosintéticas e das heterótrofas que supón unha redución de osíxeno nas primeiras e o seu consumo nas segundas.

    3. Gas amarelado, moi tóxico e inestable, que actúa como oxidante e fluorante enérxico.

    4. Función principal da hemoglobina contida nos eritrocitos do sangue, desde os pulmóns aos tecidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos compostos heterocíclicos isómeros, de fórmula C 4 H 5 NO, consistentes nun anel carbonado de seis membros, que contén á vez un átomo de osíxeno e un de nitróxeno. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto heterocíclico consistente nun anel carbonado de cinco membros que contén á vez un átomo de osíxeno e un de nitróxeno. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos compostos heterocíclicos derivados do oxazol por hidroxenación dun dos dous dobres enlaces da súa estrutura. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto heterocíclico saturado que consiste nun anel carbonado de catro membros, e que contén un átomo de osíxeno. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO