"SS" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 368.

  • Situación sen solución.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Calidade do que é inherente a un ser ou a un conxunto de seres e que non é o resultado dunha acción exterior a eles.

      2. Sistema de pensamento idealista que identificou a realidade coa consciencia, considerada esta como a unión do eu cos seus obxectos.

      3. Principio ontolóxico ligado á filosofía de M. Blondel segundo o que toda expresión humana está presa no mesmo tecido intelixible.

    1. Principio polo que, segundo a terminoloxía de F. de Saussure, o obxecto da lingua é ela mesma, considerada desde o punto de vista estrutural e na relación que hai entre os dous elementos, orixinados da abstracción da substancia lingüística.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a unha illa.

    2. Natural ou habitante dunha illa.

    3. Escritura desenvolvida en Gran Bretaña e Irlanda na Idade Media, especialmente entre os ss VII e X, a partir das escrituras uncial e semiuncial, levadas desde o continente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos iowa.

    2. Individuo do pobo iowa.

    3. Tribo siux de América do N, orixinaria da área dos Grandes Lagos, que se trasladou cara ao S e se estableceu arredor do río Iowa na súa confluencia co Mississippi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reunión de carácter informal de músicos de jazz en que estes interpretan e improvisan sobre temas diversos sen axustarse a unha programación previa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de dialectos das linguas munda que falan os grupos dispersos de Orissā, no extremo leste do altiplano da India Central.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos kickapu ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo kickapu.

    3. Pobo de América do N que na época da colonización europea habitaba na rexión entre o Ohio e o Mississippi.

    4. Lingua algonquina que se fala na rexión dos Grandes Lagos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos kissis ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo kissi.

    3. Pobo de África Occidental que habita en Serra Leona e Liberia

    4. Lingua que se fala en Sierra Leona e Liberia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma estrófica ou tirada de versos de diversa lonxitude, propios da poesía épica medieval, sobre todo da canción de xesta francesa, que acostuma ter unha soa rima asoante ou consoante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina que preconiza a non intervención do estado na vida económica. Fai referencia ao principio de que se se permite a libre actuación dos individuos no terreo económico, perseguindo cada un o seu interese persoal, as súas actuacións seguirán unhas leis inmutables polas que se establecerá unha harmonía económica natural.

    VER O DETALLE DO TERMO