"Cosa" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 222.

  • Grupo de virus constituídos por RNA da cadea simple, con cápside núa e simetría icosaédrica, que causan infeccións gastrointestinais e respiratorias, poliometile, amenixite aséptica e lesións cutáneas e nas mucosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colorante derivado das anilinas que se emprega como antiséptico en lesións cutáneas ou mucosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que segrega pituíta.

      1. Relativo ou pertencente á hipófise ou glándula pituitaria.

      2. Capa mucosa do nariz que recobre o interior das fosas nasais. OBS: Tamén se denomina membrana de Schneider.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás plantaxináceas.

    2. Planta da familia das plantaxináceas.

    3. Familia de plantas herbáceas ou sufruticosas, da clase das magnoliópsidas, que presenta follas simples, a miúdo en roseta basal, flores tetrámeras, hermafroditas, de corola escariosa e persistente, dispostas en inflorescencia e froito en cápsula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispersión viscosa dunha resina dividida nun plastificante líquido, que se emprega para obter imitacións de coiro ou diversos obxectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Organización propia dos cnidarios, que está representada por individuos fixos, solitarios ou en colonias.

      1. Tumor brando que se implanta por un pedículo nunha mucosa ou na pel.

      2. Quiste de pequeno tamaño que se produce en calquera parte da mucosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidrocloruro de nafazolina, constituído por uns pos brancos e amargos de acción simpaticomimética e vasoconstritora, que se emprégase contra a conxestión da mucosa nasal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos pseudosuquios.

    2. Réptil da orde dos pseudosuquios.

    3. Orde de réptiles arcosauros que apareceron no Triásico e presentaban pequeno tamaño, con extremidades posteriores moi longas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arcosauro do xénero Pterodactylus, da familia dos pterosauros, con ás de ata 3 m e mandíbulas con dentes só no extremo, que viviu no Xurásico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos pterosauros.

    2. Réptil fósil da orde dos pterosauros.

    3. Orde de réptiles diápsidos fósiles, da superclase dos arcosauros, que posuían unhas ás membranosas suxeitas por un só dedo, e que viviron no Xurásico e no Cretáceo.

    VER O DETALLE DO TERMO