"fisi" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 231.

    1. Que modera. Tm s.

    2. Persoa que dirixe un debate, reunión ou calquera discusión organizada sobre un tema.

    3. Mecanismo que se emprega para regular unha función.

    4. Substancia que serve, nos reactores nucleares de fisión, para frear os neutróns rápidos que se producen nas fisións e convertelos en neutróns térmicos (lentos) capaces de provocar outras novas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou efecto de modificar ou modificarse.

    2. Transformación dun organismo, por influencia do medio, nos caracteres anatómicos e fisiolóxicos, que é adquirida durante a súa vida e que non é transmisible por herdanza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina teolóxica que sostén a subsistencia da persoa de Cristo nunha soa natureza, divina, despois da encarnación.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao monofisismo.

      2. Aplícase ás igrexas copta, etiópica, siríaca e armenia, que non aceptaron o Concilio de Calcedonia e que, aínda que teñen tradicións litúrxicas diferentes, seguen englobadas na corrente doutrinal do monofisismo.

    1. Seguidor do monofisismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actividade motriz do organismo que orixina a contracción muscular e que se considera desde un punto de vista anatómico e fisiolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que está privado fisicamente do uso da palabra. Tm s.

      2. Que non profire sons, que non ten ruído.

    1. Que non pronuncia palabra, xeralmente a causa dunha impresión forte.

    2. Aplícase ao cine ou película que carece de son.

    3. Aplícase á letra que se escribe pero non se pronuncia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de multiplicar ou multiplicarse.

      1. Operación aritmética que, dados dous números naturais a (multiplicando) e b (multiplicador), consiste en atopar un número, ab, a´b ou a·b, que sexa o resultado de sumar b veces o número a. OBS: Tamén se denomina produto, e o elemento neutro da multiplicación identifícase co natural ‘1’.

      2. Segunda operación dun anel.

      3. Nome que, por analoxía na notación, se lles dá a certas operacións, tales como a composición de aplicacións ou a lei de composición externa dos espazos vectoriais.

      1. reprodución.

      2. reprodución asexual.

      3. Reprodución asexual das plantas que non se efectúa por medio de sementes ou esporas sexuais, senón por gallos, rebentos, estolóns, xemas, esporas asexuais ou ben polo procedemento da multiplicación in vitro.

    2. Aumento da velocidade de rotación dun eixe de transmisión respecto doutro.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Perder o brillo e frescura os cereais, as plantas bulbosas ou as hortalizas.

    2. Facer perder a alguén o bo aspecto físico debilitando as súas forzas e o ánimo.

    3. Perder unha persoa o bo aspecto físico, a enerxía ou o ánimo.

    4. Perder a turxencia unha planta ou os seus tecidos por falta de auga ou por causas fisiolóxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ruído suave, confuso, de auga corrente, de follas movidas polo vento ou dun conxunto de persoas que conversan ou que recitan oracións.

      1. Ruído grave e suave que se oe nalgúns lugares do corpo por auscultación.

      2. Ruído fisiolóxico que se oe ao auscultar o aparato respiratorio dun individuo que respira normalmente e non ten ningunha lesión torácica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comunidade de individuos aos que uns vínculos determinados, basicamente culturais, económicos e unha historia común, lles dan unha fisionomía propia, diferenciada, e unha vontade de organización e proxección autónoma que os leva a querer dotarse de institucións propias, ata que se constitúa o estado.

    VER O DETALLE DO TERMO