"APT" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 485.

    1. Que anda dun lugar para outro. Tm s.

    2. Aparello de pesca que se emprega na captura de atún, bonito e cabala e que consiste nunha corda resistente e longa á que se fixa un anzol groso nun dos seus extremos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cantidade de cartos que lle toca pagar a alguén nun gasto común.

      2. Contribución económica dos traballadores afiliados a un sindicato, destinada a cubrir os gastos de organización e das actividades sindicais.

      3. Cantidade que debe ser aboada ao ente público en concepto de tributo, como resultado de aplicar o tipo impositivo á base.

    1. Cantidade de bens ou servizos que se poden exportar ou importar no comercio internacional.

    2. Cantidade máxima que se pode producir ou capturar dun ben, determinada polas autoridades gobernamentais, para evitar a caída dos prezos por mor dunha superprodución, favorecer a entrada nos mercados dos produtos de determinadas áreas que, noutras circunstancias, quedarían relegados polos seus competidores ou protexer as poboacións e garantir unha serie de condicións precisas para a súa reprodución.

      1. Altura dun punto.

      2. Número que nos planos topográficos representa a altitude dun punto respecto a un nivel de base, xeralmente o nivel do mar.

    3. Cada unha das cifras que indican as dimensións do obxecto representado en debuxo técnico.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás crasuláceas.

    2. Planta da familia das crasuláceas.

    3. Familia de plantas herbáceas ou lianas da orde das rosais, que adoitan presentar adaptacións á sequidade, como talos e follas suculentos e unha forma particular de asimilación do carbono (plantas tipo CAM).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plancto que vive na neve e no xeo constituído por especies de algas microscópicas especialmente adaptadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adaptación dun animal ao seu medio habitual pola que se fai dificilmente visible, xa que adopta a coloración ou copia as estruturas que alí existen ou adquire pautas de comportamento que permiten que pase inadvertido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ctenóforos.

    2. Metazoo do filo dos ctenóforos.

    3. Filo de animais metazoos diblásticos e de simetría birradial, xeralmente de forma esférica ou elipsoidal, que presentan coloblastos cos que capturan pequenos organismos planctónicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de cualificar.

    2. Nivel de coñecementos e aptitudes que se lle recoñece a unha persoa para realizar un traballo ou para desempeñar un cargo.

    3. Expresión cuantitativa ou cualitativa coa que se valora o nivel de rendemento escolar dos alumnos.

    4. Exame da legalidade dos títulos e documentos de propiedade que preceden á inscrición dun ben nun rexistro da propiedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modelo científico que partía da consideración dun equilibrio perfecto entre os distintos seres e o seu contorno natural, a adaptación perfecta, que implicaba unha sucesión de floras e faunas para reaxustar a harmonía dominante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de danzar.

      1. Composición musical e serie de movementos que se realizan seguindo os pasos do baile ou o ritmo da música.

      2. Danza típica da festa do Corpus conservada en Galicia en poucos lugares a partir do s XIX.

      3. Danza documentada desde o s XVI para conmemorar o desenvolvemento da captura dun dragón que saía da súa cova para levar as mozas da vila.

      4. Danza en que os bailadores levan arcos ataviados con fitas de cores.

      5. Danza bailada por un grupo de seis a doce persoas na que cada unha delas colle unha fita de cor que está prendida nunha pértega, que ás veces leva enriba un boneco que se move ao ritmo da danza.

      6. Danza de orixe moi antiga, que se documenta en toda a Península Ibérica, e na que participan entre oito e dezaseis bailaríns que danzan cun pau na man que se suxeita con fitas ao pulso e que levan un guía e, ás veces, van acompañados dun personaxe semellante ao rabelo.

    2. Espectáculo de persoas que danzan.

    3. Asunto pouco claro e sospeitoso.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modos da terceira figura. A premisa maior e a menor son proposicións universais afirmativas, e a conclusión é unha proposición particular afirmativa.

    VER O DETALLE DO TERMO