"2" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1532.

  • Seita islámica que defende que a dirección espiritual da comunidade lle corresponde exclusivamente a ‘Alī e aos seus descendentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Moeda fraccionaria británica.

    2. Unidade monetaria principal de Somalia.

    3. Unidade monetaria principal de Austria ata 2002.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento non metálico, de número atómico 16 e peso atómico 32,06, que pertence ao grupo VI A da táboa periódica. Emprégase na fabricación do ácido sulfúrico e os sulfatos.

    2. Gas incoloro de olor sufocante, que se emprega na preparación do ácido sulfúrico, no refinamento do petróleo e como axente branqueador.

    3. Óxido de xofre (VI) que se emprega na preparación de ácido sulfúrico e óleum e como axente sulfonante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo xonio.

    2. Individuo do pobo xonio.

    3. Pobo grego que incluía os gregos habitantes de Ática, de Eubea e os colonos que durante 2000 a C se estableceron nas costas de Asia Menor e nalgunhas das illas do mar Exeo.

    4. xónico.

    5. Escola filosófica grega á que pertencen os pensadores presocráticos, cuxo trazo común a todos eles é o esforzo na interpretación tradicional do mundo, do que buscan o principio primordial (αρχ*).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Indulxencia completa que concede o papa.

    2. Ano santo compostelán que se celebra cando o 25 de xullo é un domingo.

    3. Ano consagrado a Deus e ao descanso que, segundo a tradición xudía, debía celebrarse cada 50 anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Respecto e recoñecemento dos dereitos dunha persoa.

    2. Poder para aplicar o dereito.

    3. Conxunto de persoas que administran este poder.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos yayoi ou á súa cultura.

    2. Individuo do pobo yayoi.

    3. Pobo prehistórico (250 a C - 350) do S da illa de Kyūshū (Xapón) que habitaba en cabanas cubertas de canas, elevadas do solo, traballaba o bronce e o ferro e cultivaba arroz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á dinastía yuan.

    2. Membro da dinastía yuan.

    3. Dinastía chino-mongólica que reinou en China desde 1276 a 1368.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo yuezhi.

    2. Individuo do pobo yuezhi.

    3. Antigo pobo nómade indoeuropeo, de lingua tokharia, que vivía (s II a C) ao NO de China, e posteriormente ao NO de India (128? a C - 450).

    VER O DETALLE DO TERMO