"per" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 20014.

    1. Relativo ou pertencente ás acantáceas.

    2. Planta da familia das acantáceas.

    3. Familia de plantas herbáceas ou arbustivas da orde escrofulariais, integrada por especies tropicais ou subtropicais resistentes á secura, semiacuáticas e gabeadoras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos acantarios.

    2. Protozoo da orde dos acantarios.

    3. Orde de protozoos actinópodos, provistos dun esqueleto formado de espículas radiais de sulfato de estroncio unidas no centro do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea perenne, da familia das acantáceas, de grandes follas lobuladas, de cor verde escura e flores brancas con veas purpúreas, agrupadas  nunha espiga terminal.

    2. Motivo vexetal esculpido, empregado nos capiteis corintio e composto, que representa as follas da planta de acanto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer nun curruncho.

    2. Perseguir a alguén ou algo ata un lugar de onde non vai poder saír.

    3. Deixar de lado unha persoa, cousa ou feito e relegala ao esquecemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos acantobdélidos.

    2. Anélido da orde dos acantobdélidos.

    3. Orde de anélidos da clase dos hirudínidos integrado por animais que presentan cirros nos seis primeiros segmentos do corpo e que teñen unha ventosa posterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos acantocéfalos.

    2. Animal do grupo dos acantocéfalos.

    3. Grupo de animais acelomados triploblásticos, vermiformes, de simetría bilateral, sen tubo dixestivo nin aparato circulatorio nin respiratorio, endoparasito de hospedeiros mariños e continentais. Teñen unha trompa anterior retráctil, provista de ganchos cos que se fixan nos intestinos dos hospedeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anomalía morfolóxica dos eritrocitos que presentan na súa superficie prolongacións grandes e rugosas. Forma parte da enfermidade coñecida como abetalipoproteinemia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos acantodios.

    2. Peixe fósil da orde dos acantodios.

    3. Orde de peixes fósiles da subclase dos placodermos que viviron no Paleozoico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor ou hiperplasia cutáneos benignos producidos por un desenvolvemento excesivo da capa espiñosa de Malpighi.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de acantonar.

    2. Situación estratéxica onde se concentran ou acantonan as tropas en operacións de guerra ou de manobras.

    VER O DETALLE DO TERMO