"Tel" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1513.

    1. Método de urxencia que consiste en conseguir un volume de sangue adecuado nos sectores máis vitais do sistema circulatorio.

    2. Transfusión do propio sangue recollido con antelación cando está prevista unha intervención cirúrxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos  autrigóns.

    2. Individuo do pobo autrigón.

    3. Habitante dun pobo prerromano do N da Península Ibérica, establecido na zona occidental de Bizkaia e na zona N de Castela. Posiblemente falasen unha lingua próxima ao actual éuscaro desde o s IV a C. A cultura dos autrigóns era fundamentalmente agrícola e, seguramente, matriarcal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de avanzar.

    2. Feito de ir cara a adiante.

    3. Partida ou unidade que marcha por diante do grupo principal das forzas.

    4. Tempo que se fai transcorrer entre o salto da chispa ou o inicio da inxección e o punto morto superior (PMS), nos motores de acendido por chispa ou de acendido por compresión.

    5. Fragmento breve de calquera programa que se insire dentro da emisión televisiva ou radiofónica.

    6.   Movemento relativo, nunha máquina-ferramenta, que expón sucesivamente novas partes da peza á acción de corte da propia ferramenta.

    7. Diferenza de fase entre dúas magnitudes sinusoidais da mesma frecuencia cando toman a segunda como referencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina de Averroes e dos seus partidarios, que fai referencia especialmente á súa interpretación de Aristóteles, e que afirma a creación eterna do mundo por parte de Deus, a existencia dunha xerarquía de intelixencias separadas e a teoría do intelecto axente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer máis viva ou intensa algunha cousa.

    2. Conseguir que o lume que se está apagando arda con máis forza.

    3. Poñer en funcionamento algunha cousa ou facer que vaia con máis présa.

    4. Facer máis enxeñoso o espírito ou a intelixencia.

    5. Tornarse máis activo ou máis vivo.

    6. Arder con máis forza algunha cousa que se estaba apagando.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Muller encargada de atender aos  pasaxeiros en diferentes medios de transporte.

    2. Empregada que proporciona información e axuda aos  participantes en congresos, reunións ou programas de televisión.

    3. Camareira da raíña que, antigamente, se encargaba dos seus vestidos e alfaias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga medida castelá para líquidos, equivalente a catro netos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feito ou dito que demostra escasa intelixencia ou que carece de importancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que manifesta no que di ou no que fai pouca intelixencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cousa de pouca importancia, pouco valor ou pouca utilidade.

    2. Pequena composición, xeralmente para piano, sen rigor de forma.

    VER O DETALLE DO TERMO