"Morf" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 479.

      1. Desviación respecto ao curso ou ao comportamento normal dun fenómeno, dun proceso ou dun instrumento.

      2. Corrente mariña superficial causada pola acción continua do vento.

      1. Desviación dunha nave do seu rumbo por efecto dos ventos ou das correntes.

      2. Aleta vertical somerxida que ten por finalidade reducir a desviación dun barco.

      1. Modificación da dirección de avance dunha aeronave respecto á dirección que debería ter.

      2. Superficie vertical da cola dun avión que ten como finalidade manter a estabilidade da ruta.

    1. Desviación angular da traxectoria real dun proxectil respecto ao plano de tiro.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de derivar ou derivarse.

    2. Desviación artificial do sangue, de líquidos ou de procesos inflamatorios, dunha parte a outra.

    3. Cada un dos puntos nos que se fai o exame da actividade eléctrica dunha parte do organismo, especialmente no electrocardiograma e no electroencefalograma.

    4. Procedemento morfolóxico de creación de novas palabras que consiste na combinación dun lexema ou raíz e un ou varios afixos. Distínguese entre derivación por prefixación, derivación por sufixación e por parasíntese.

      1. Busca da derivada dunha función.

      2. Derivación dunha función que se formula mediante unha expresión integral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘pel’. OBS: Pode presentar co mesmo significado os alomorfos derm-, derma- e dermo-. Tamén aparece como sufixo coas formas -derma, -dermia, -dermo e -dermato.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non é continuo.

    2. Aplícase a unha función que presenta descontinuidade.

    3. Aplícase ao morfema que consta de dous elementos separados.

    4. Aplícase ao substantivo común que denota obxectos individualizables e polo tanto susceptibles de ser contados.

    5. Realidade material que, segundo a filosofía clásica, está composta de partes separadas entre elas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de dexenerar.

      1. Cambios producidos nas células, tecidos ou organismos que se manifestan polas modificacións da estrutura morfolóxica, física ou química.

      2. Redución ou perda dun órgano ao longo da evolución.

    2. Propiedade dun sistema pola que hai diferentes estados que teñen a mesma enerxía. O número de estados dun destes niveis de enerxía é a dexeneración do nivel.

    3. Trastorno progresivo do tecido retiniano que corresponde á mácula lútea, e que se produce por unha descomposición parcial da capa illante entre a retina e a coroide.

    4. Debilitamento da intelixencia e da consciencia que pode producir tamén transtornos volitivos e afectivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a un endomorfismo dun espazo vectorial que, nunha determinada base, admite unha matriz diagonal, é dicir, que admite a diagonalización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conversión en forma de diagonal da matriz dun endomorfismo dun espazo vectorial mediante un cambio de base.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Maneira de falar, pronunciar ou expresar un enunciado.

      2. Arte de dicir, recitar ou falar con xusteza e coas maneiras axeitadas.

    1. Figuras retóricas que actúan directamente sobre a expresión lingüística e poden afectar tamén ao sentido dos enunciados. Divídense en metaplasmos, que afectan ao nivel fónico, e metataxes, que inciden sobre a morfoloxía e a sintaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten dous cotiledóns.

      1. Relativo ou pertencente ás dicotiledóneas.

      2. Planta da clase das dicotiledóneas.

      3. Clase da subdivisión das anxiospermas que se caracteriza por un embrión con dous cotiledóns, a raíz axonomorfa que se orixina a partir da radícula, o talo con feixes vasculares abertos dispostos en anel e cunha capa de cámbium.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de diferenciar ou diferenciarse.

    2. Aplicación que fai corresponder a cada función diferenciable, nun certo conxunto aberto, a súa función diferencial no conxunto mencionado.

    3. Proceso mediante o que as células, os tecidos e os órganos cambian de estrutura e de forma, desde a máis simple á máis complexa, para efectuar funcións específicas.

      1. Conxunto de procesos mediante os que, durante o metamorfismo, se orixinan asociacións minerais diferentes a partir dunha roca nai inicialmente uniforme.

      2. Proceso mediante o que, a partir dun magma común, se orixinan diversos tipos de rochas ígneas, que poden formar parte, ou non, da mesma masa.

    4. Presenza nas especies de características morfolóxicas idénticas aparentemente, pero diferentes na súa fisioloxía.

    5. Proceso mediante o que os individuos ou grupos adquiren funcións diferentes e especializadas co seu correspondente status.

    VER O DETALLE DO TERMO