"SS" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 368.

  • Infección cutánea causada por diversos axentes patóxenos como Corynebacterium minutissimum, que dá lugar á formación de placas cutáneas de cor vermella escura, ben delimitadas e exfoliativas, que aparecen especialmente nas áreas húmidas do corpo como a ingua, o escroto ou as axilas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Escitia ou ao pobo escita.

    2. Individuo do pobo escita.

    3. Pobo nómade, orixinario das estepas de Asia Central, que se desprazou cara ao S e ao L de Europa a comezos do I milenio a C. Absorbidos polos sármatas, desapareceron cara ao s II a C.

    4. Grupo de linguas faladas polos escitas, que pertencen ás linguas iranias da familia indoirania, que se falan en Ossetia e Xeorxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea perenne do xénero Stipa, da familia das poáceas. As follas son ríxidas, lineais e enroladas, co extremo punzante e a marxe cuberta de pelos. Forma moutas densas e duras que poden dominar certas paisaxes áridas. As inflorescencias son panículas, estreitas e densas, de cor amarelenta, que presentan unha única flor hermafrodita por espiguiña. A especie máis importante é Stipa tenacissima, que non é apta para a alimentación do gando pero da que tradicionalmente se usan as follas como importante fibra téxtil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Punzón que se empregaba na Antigüidade para escribir en táboas enceradas.

    2. Puñal de folla moi estreita e triangular empregado nos ss XVI e XVII.

    3. Sonda metálica, longa e delgada, que ten unha pequena dilatación en forma de oliva nun extremo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola lingüística do s XX, fundada por F. Saussure, que se caracteriza por concibir as linguas como estruturas ou sistemas, isto é, conxuntos organizados de elementos que se definen pola súa relación cos demais elementos formais, polo tanto, non materiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo etrusco, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo etrusco.

    3. Pobo formado e desenvolvido na rexión de Etruria entre os ss VIII e I a C.

    4. Lingua preindoeuropea extinta que procedía probablemente dunha fusión de elementos autóctonos e asiáticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membro da nobreza ática. Durante os ss VIII e VII a C detentaron o poder político, militar e económico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión que significa ‘expresamente’, ‘co propósito exclusivo de’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Narración en verso cultivada en Francia sobre todo entre os ss XII e XIV. Trataba sobre a vida dos animais, que os xograres recitaban e, ás veces, escenificaban ao rematar o banquete para divertir o público.

    VER O DETALLE DO TERMO