"PROM" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 292.

    1. Protuberancia no tronco dunha árbore causada por un tumor vexetal.

      1. Hipertrofia ósea circunscrita, de orixe diversa, que fai prominencia na superficie do óso.

      2. Osteocondroma que se desenvolve no momento de crecemento e afecta ás metáfises. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mostra de obras de arte que pode ser periódica, que comprende todos os tipos de arte, e extraordinaria, que adoita presentarse como un monográfico.

      2. Manifestación pública organizada de produtos agrícolas, industriais, científicos ou artísticos para promover a produción, o comercio e a cultura, e, ao mesmo tempo, estimular o interese público.

      1. Acción de expoñer.

      2. Sistema empregado en fotografía, que permite medir a luz e controlar a abertura e a velocidade de obturación para conseguir un nivel adecuado de exposición.

    1. Orientación dunha vertente respecto á incidencia dos raios solares ou á circulación dos ventos dominantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento delituoso co que se pretende conseguir diñeiro ou calquera outro beneficio dunha persoa, a cambio de non danala ou revelar información comprometedora sobre ela.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Non haber algo ou alguén nun lugar.

      2. Haber dunha cousa menos cantidade do necesario ou do que debería.

    1. Non asistir alguén a un lugar ao que tiña que ir.

    2. Deixar de existir.

    3. Distar unha cantidade de tempo variable entre dous momentos ou entre un lugar de partida e outro de destino.

    4. Estar algo por acabar de facer.

    5. Dicir ou facer a alguén algo ofensivo.

    6. Incumprir o que se prometera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten prominentes as fazulas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Solemnidade que conmemora un acontecemento importante.

      2. Reunión de varias persoas que se xuntan para celebrar algo ou divertirse.

    1. Día festivo por motivo da celebración dun acto relixioso ou oficial.

    2. Diversión ruidosa.

    3. Día do ano en que a Igrexa celebra un aspecto concreto do misterio de Cristo, ou a memoria dun santo ou da Virxe. A principal é o domingo, o día do Señor, que conmemora a resurrección de Cristo.

    4. Día non laborable, asimilable ao domingo ou ao descanso semanal obrigatorio.

    5. Aloumiños que se fan para conseguir algo.

    6. xogos florais.

    7. Certames literarios promovidos pola Universidade de Santiago de Compostela desde 1536 como homenaxe ao seu fundador, Alonso de Fonseca. Convertéronse nunha referencia literaria moi importante xa que moitos dos escritores que participaron nelas elaboraban as súas composicións en galego. Destacaron as celebradas en 1697.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Garantía que se dá para asegurar o cumprimento dunha obriga.

    2. Obriga subsidiaria contraída para asegurar o cumprimento dunha obriga principal, pola que un terceiro, diferente do debedor, se compromete a cumprila, en caso de que este non o faga.

    3. Cantidade de diñeiro que paga un acusado para permanecer en liberdade mentres está pendente de xuízo e asegurar que se presentará ante autoridade sempre que llo demanden. OBS: Tamén se denomina fianza carceraria.

    4. Fianza que daba un terceiro respondendo de que o demandante se presentase perante o xuíz sempre que este llo demandase.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza pequena de plástico ou metal que se emprega en certos establecementos en lugar de diñeiro ou para facer funcionar certas máquinas.

    2. Peza pequena que empregan os distintos participantes en certos xogos, como o parchís, o dominó e as damas.

      1. Papel ou cartolina, xeralmente de tamaño reducido e rectangular, onde se anotan datos sobre un tema, libro ou similar, e se ordenan e arquivan para a súa posterior dispoñibilidade de consulta.

      2. Rectángulo de cartolina ou de papel resistente onde van consignados os datos esenciais que identifican un libro ou calquera outro documento.

    3. Contrato mediante o que un xogador se compromete a integrarse nun equipo ou entidade deportiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Consignar ou anotar datos nunha ficha.

    2. Contratar, unha entidade deportiva, os servizos dun xogador.

    3. Introducir un traballador a súa ficha nunha máquina para testificar a hora da súa entrada e saída do lugar de traballo.

    4. Comprometerse un xogador, mediante contrato, a prestar os seus servizos a un equipo ou entidade deportiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao fisco.

      2. Conxunto de instrumentos establecidos pola administración para regular a obtención de recursos provenientes da recadación de impostos.

    1. Relativo ou pertencente ao cargo de fiscal.

    2. Funcionario que representa e defende xudicialmente os intereses do Estado e da cousa pública, que intervén e protexe os intereses dos ausentes, dos menores e dos incapacitados, e promove a investigación e a comprobación dos feitos e a imposición de penas.

    VER O DETALLE DO TERMO