"tera" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1413.

    1. Relativo ou pertencente aos sifonápteros.

    2. Insecto da orde dos sifonápteros.

    3. Orde de insectos holometábolos ectoparasitos e hematófagos, de pequeno tamaño, ápteros, co corpo comprimido lateralmente e con patas adaptadas ao salto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de simbólico.

    2. Sistema de símbolos que se utiliza para representar algo.

    3. Movemento literario e artístico que xurdiu en Francia arredor do último cuarto do s XIX e que buscaba a innovación a través da abstracción.

    4. Movemento artístico, esencialmente pictórico, do derradeiro terzo do s XIX, que presenta imaxes opostas á realidade visible ou científica para demostrar que existe unha realidade oculta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao simbolismo.

    2. Seguidor do simbolismo, especialmente na literatura e na arte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Inclinación instintiva que atrae unha persoa cara a outra.

    2. Maneira de ser e carácter dunha persoa que a fan atractiva ou agradable ante outras.

    3. Sentimento ou estado afectivo que consiste no feito de participar nos estados afectivos dos outros.

      1. Relación que existe entre o corpo e a mente, pola que ambos se inflúen mutuamente.

      2. Influencia morbosa producida nun órgano ou nunha parte por enfermidade ou alteración doutro.

      3. Influencia transmitida dun individuo a outro por imitación.

    4. Fenómeno polo que un ser reproduce por influencia ou por imitación as modificacións doutro ser.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta as anteras concrescentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de síntomas e signos que definen clinicamente un estado patolóxico.

    2. Conxunto de síntomas que son característicos dunha determinada situación e que poden causar temor.

    3. Forma conxénita de discapacidade psíquica que se debe a un defecto no cromosoma 21, por mor dunha trisomía, dunha translocación ou dun mosaicismo, que se caracteriza por presentaren os individuos a cara redonda e plana, cabeza braquicéfala e ollos oblicuos e con epicanto.

    4. sida.

    5. Trisomía 18 que produce hipertonía muscular, atraso psicomotor, alteracións craniais, labio leporino, orellas malformadas de implantación baixa, e mans en que os dedos índice e maimiño están enriba, respectivamente, do dedo medio e anular.

    6. Aberración cromosómica numérica que se caracteriza por unha trisomía gonosómica (o cromosoma 23 é xeralmente XXY), que se manifesta por unha insuficiencia da función endocrina testicular, testículos pequenos, xinecomastia, retraso mental e infertilidade.

    7. Conxunto de trastornos mentais que se asocian a unha polineurite e que consisten en amnesia anterógrada, desorientación e tendencia á cofabulación e perda da memoria.

    8. Trastorno hereditario do tecido conectivo que produce alteracións oculares e óseas nas articulacións e nalgúns órganos.

    9. Aberración cromosómica numérica que consiste na trisomía autosómica do cromosoma 13 e que presenta varios signos, como atraso mental, malformacións auriculares e microcefalia. OBS: Tamén se denomina trisomía 13 e trisomía D.

    10. Cadro que se caracteriza por obesidade, talle baixo, criptorquidia, diabete e merma das capacidades intelectuais, propio dun individuo que ao nacer presentou unha atonía muscular grave.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Efecto terapéutico aumentado que se produce ás veces ao administrar simultaneamente dous produtos ou fármacos de acción semellante.

    2. Aumento da actividade dun composto, provocado pola presenza na mestura doutro composto, inactivo no mesmo sentido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alteración psíquica ou trastorno subxectivo que aparece na víctima dun accidente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que ten por obxecto a lingua, a literatura e a civilización chinesas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos sipuncúlidos.

    2. Metazoo do filo dos sipuncúlidos.

    3. Filo de metazoos triploblásticos celomados, protóstomos, con simetría bilateral que teñen o corpo recuberto por unha cutícula quitinosa e unha trompa evaxinable.

    VER O DETALLE DO TERMO