"Tel" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1513.

  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘imperfecto’ e ‘incompleto’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comedia latina satírico-burlesca, orixinaria de Atela, na que os  personaxes ridiculizaban unha situación ou un oficio concreto. Na época de Sula comezaron a interpretarse en latín, ata conseguir forma literaria cos poetas Novio e Pomponio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diminución do volume ou colapso do tecido pulmonar a consecuencia da ausencia de aire nos alvéolos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desenvolvemento imperfecto dalgún órgano ou dunha estrutura anatómica.

    2. Falta conxénita da mamila.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Asociación científica e literaria dedicada a elevar o nivel intelectual dos seus socios mediante discusións, conferencias, cursos e lecturas.

      2. Calquera asociación de carácter cultural.

      3. Local onde ten a sede unha asociación cultural.

    1. Espazos de sociabilidade no tempo libre do s XIX, alentados pola burguesía e as capas artesás.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Derradeira planta ou piso elevado dun edificio.

      2. Corpo decorativo sobre a cornixa dun edificio para disimular o arranque das augas do tellado.

    1. Parte superior da caixa do tímpano, onde se aloxan a cabeza do martelo e a bigornia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conseguir coller ou tocar algunha cousa que está ao alcance.

    2. Lograr algo que se desexa ou ao  que se aspira.

    3. Chegar ao punto no que se atopa alguén ou algunha cousa que vai por diante.

    4. Afectar ou concernir algunha cousa a alguén ou a outra cousa.

    5. Entender unha explicación, abarcala con intelixencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Alzar o ton da voz ou dun instrumento, ata chegar a tiple.

    2. Facer máis aguda a voz, convertela en tiple.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Colección sistemática de mapas ou esquemas cartográficos.

      2. Colección de mapas celestes que ordena desde os poucos centenares de estrelas máis brillantes ata os millóns de estrelas visibles só con grandes telescopios.

      3. Recompilación de datos meteorolóxicos expostos sobre a base cartográfica dun territorio en concreto.

      4. Conxunto de mapas que reflicten a distribución espacial dos feitos lingüísticos.

      5. Compilación de mapas.

    1. Colección sistemática de láminas, debuxos, cadros ou tablas destinadas a facilitar a comprensión dunha obra.

    2. Primeira vértebra dos tetrápodos, articulada co cranio. Ten forma de arco, e o seu corpo está soldado á segunda vértebra ou axe.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Espazo limitado por columnas na parte anterior, que precede a un templo, un palacio ou a outro edificio suntuoso.

      2. Espazo descuberto no interior dos conventos ou doutras edificacións adoito rodeado de pórticos e de carácter público.

      1. Nome aplicado a diversas cavidades de diferentes animais.

      2. Parte principal da caixa timpánica situada inmediatamente debaixo do martelo.

      3. aurícula.

      4. Cavidade que, en moitos procordados, envolve as branquias.

      5. Cavidade gastral das esponxas.

      6. Cavidade do corazón embrionario dos vertebrados a partir da que se orixinan as aurículas do corazón do adulto.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO