"nuci" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 174.

    1. Diminución da tensión dun líquido contido nun recipiente fixo, que pode ser por diminución do líquido ou por aumento do recipiente.

    2. Diminución da presión sanguínea normal do sangue das arterias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diminución anormal e excesiva da temperatura corporal, inferior a 35°C.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Diminución da tensión.

    2. Estado dun líquido que ten unha concentración molecular menor ca a do soro do sangue normal.

    3. Desorde conxénita que se caracteriza pola ausencia de desenvolvemento muscular.

    4. Diminución da tonicidade do músculo por interrupción do arco reflexo espinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diminución da entrada habitual de aire na respiración normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de impulsar.

      2. Dada unha forza F(t) que actúa sobre unha partícula de masa m durante un intervalo T, magnitude definida pola fórmula I = ?TOF(t)dt.

    1. Forza ou enerxía que move a alguén a facer algo.

    2. Sinal eléctrico de duración moi breve de maneira que presenta un aumento, seguido dunha diminución brusca do seu valor.

    3. Forza producida polos propulsores dunha aeronave ou dun foguete que é a que causa o seu movemento. Mídese en newtons.

    4. Forza que ten un sentido oposto ao peso, á que están sometidos os corpos mergullados ou os que flotan nun fluído.

    5. Punto en que se aplica a resultante das forzas de impulso que actúan sobre un corpo.

    6. Forza que é a responsable da sustentación dos avións no voo e que intervén, en parte, na dos submarinos e aeróstatos.

    7. Función simbólica δ(x) que permite representar formalmente as transformacións funcionais idénticas como as transformacións integrais.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de insuficiente.

    2. Falta de suficiencia ou de intelixencia.

      1. Estado de inferioridade fisiolóxica dun órgano ou dunha glándula, incapaces de cumprir integramente as súas funcións.

      2. Diminución da capacidade funcional do corazón cando non chega a asegurar as necesidades de circulación de todas as partes do organismo, que pode ser esquerda, se falla este ventrículo, e global ou conxestiva, se ambos os dous ventrículos son insuficientes. OBS: Tamén se denomina miocardia.

      3. Estado do organismo no que é imposible manter o volume sanguíneo necesario para cubrir as necesidades circulatorias dos órganos e dos tecidos.

      4. Incapacidade do fígado para levar a cabo as súas funcións.

      5. Afección rara que se produce pola oclusión incompleta dos sigmoides pulmonares na diástole ventricular.

      6. Estado en que os riles están imposibilitados, nun grao máis ou menos elevado, para cumprir as súas funcións específicas.

      7. Fallo da función pulmonar que non pode proporcionar un recambio normal dos gases.

      8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de lánguido.

    2. Disminución fisiolóxica ou debilitamento dunha planta, ou dunha das súas partes, que se manifesta poñéndose murcha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diminución da abertura da larinxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Sono anormal, profundo e continuado, durante o que, o enfermo só pode dar algunhas respostas vagas, sen espertarse por completo nin gardar ningún recordo.

      2. Estado de inacción e de indiferenza.

      3. Estado de inactividade polo que pasan determinados animais cando as condicións do medio natural son desfavorables. A letarxia caracterízase pola redución ao mínimo do metabolismo, da temperatura corporal, do ritmo respiratorio e cardíaco, e da produción de encimas.

    1. Magnitude sen dimensións, igual á log E 0 /E (sendo E e E 0 dous valores da enerxía dun sistema), que permite simplificar a formulación no estudo da diminución de enerxía nun proceso físico.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada un dos signos que representan os sons dunha lingua.

      2. Modo particular de escribir dun individuo, ou que se emprega nun país ou nunha época. Así, fálase de letra visigótica, uncial, cursiva ou itálica, caligráfica ou notarial.

      3. Letra maiúscula escrita á man que imita os trazos das letras impresas.

    1. Grupo de palabras que forman un texto, en oposición ao contido.

    2. Conxunto de palabras ás que se lles pon música para ser cantadas.

    3. Comunicación escrita que se dirixe a unha persoa ausente.

    4. Peza fundida de metal de forma prismática rectangular, cunha grafía gravada na súa base, ou calquera outro tipo de representación gráfica, que se emprega para imprimir nun papel.

      1. Ámbito cultural en que predomina o cultivo das disciplinas humanísticas, sobre todo a literatura.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO