"MPLA" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 234.

  • Ave zancuda, da familia dos ardeidos, da orde dos ciconiformes, de costumes pescadores,que presenta o corpo gris e a cabeza e o colo brancos, cunha ampla banda negra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Terreo en pendente que baixa desde o camiño cuberto ata o campo nunha fortificación.

    2. Forma de relevo que se caracteriza por ter unha topografía de pendente lonxitudinal (entre o 1 e o 5%) e que precisa unha desnivelación morfotopográfica, ao pé da que se forma o glacis, e procesos de arroiada e precipitacións irregulares pero intensas. OBS: Tamén se denomina rampla de erosión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Considerar algo en conxunto ou de xeito global.

    2. Estenderse algo por todo o mundo, ou por unha zona moi ampla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tripéptido natural composto polos aminoácidos cisteína, ácido glutámico e glicina. Distribúese amplamente entre animais, vexetais e microorganismos, e é importante nas reaccións de oxidación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos gónfidos.

    2. Animal da familia dos gónfidos.

    3. Familia de libélulas que se caracterizan por presentar ollos amplamente separados con ocelos dispostos nunha liña máis ou menos recta, abdome avultado no extremo, e coa base da á posterior angular no macho e redonda na femia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que grava.

    2. Aparato que serve para gravar.

    3. Persoa que grava, especialmente en pranchas de metal ou de madeira, para reproducir o gravado nun certo número de exemplares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sensación de noxo que causa algo, especialmente a contemplación, o tacto ou a percepción de algo desagradable.

    2. Desgusto que causa algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mamífero roedor, da familia dos cricétidos, de reducidas dimensións, co corpo macizo e redondeado e as orellas, as patas e o rabo curtos. Habitan nas pradarías e estepas en refuxios escavados na terra.

    2. Hámster, de patas e cola moi curtas, grandes ollos escuros, fociño aguzado e pelaxe de cor negra, blanca ou vermella. Aliméntase de cereais e outros froitos do campo.

    3. Roedor de patas e cola curtas, orellas grandes, longos bigotes, ollos negros e pelaxe dourada, aínda que existen exemplares albinos. Aliméntanse de froitas, verduras e sementes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea perenne, da familia das escrofulariáceas, perenne, de talos glabros inferiormente e pubescente-glandulosos na inflorescencia, follas enteiras lanceoladas, flores de cor rosácea agrupadas en acios terminais e froitos en cápsula.

    2. Planta herbácea perenne, da familia das ranunculáceas, perenne, de talos reptantes con nós dos que brotan as raíces, follas basais con segmentos peciolados e flores de cor amarela brillante. É unha planta velenosa para o gando.

    3. Planta herbácea da familia das ranunculáceas, cos talos rastreiros, follas con pecíolo envaiñante na base e o limbo en forma de ril, flores grandes e de cor branca e froito de tipo aquenio con pico longo.

    4. lesta.

    5. armol.

    6. cordeiro de praia.

    7. alleira.

    8. Planta herbácea perenne, da familia das primuláceas, perenne, de talo ergueito, follas pequenas simples e opostas, e flores amarelas dispostas en panículas terminais.

    9. Planta herbácea perenne, da familia das apocináceas, de talo entre ergueito e tumbado, follas ovadas, con base obtusa e opostas e flores dispostas en talos ergueitos, coa corola branquiazul en forma de tubo que se ensancha en cinco lóbulos.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplicación de implantes estreitos tomados de individuos de especie diferente, utilizados en cirurxía plástica.

    VER O DETALLE DO TERMO