"BC" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 215.

    1. Relativo ou pertencente aos himenomicetos.

    2. Fungo do grupo dos himenomicetos.

    3. Grupo de fungos basidomicetos, da subclase dos homobasidiomicétidos, que se caracterizan pola presenza dun himenio libre e externo e porque os basidios normalmente son claviformes, teñen catro basidiósporas sobre esterigmas apicais e fórmanse a partir dun micelio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos hipocreais.

    2. Fungo da orde dos hipocreais.

    3. Orde de ascomicetos da subclase das ascomicétidas, que comprende fungos fitoparasitos de ascocarpos brancos e coloreados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tecido celular subcutáneo.

    2. Capa constituída por estratos de células que pode haber inmediatamente baixo a epiderme.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado patolóxico orixinado por unha deficiencia da hormona tiroide. OBS: Tamén se denomina insuficiencia tiroide.

    2. cretinismo.

    3. Hipotiroidismo que se caracteriza pola afección do tecido conectivo subcutáneo (mixedema). O aspecto do paciente caracterízase pola facies mixedematosa, coa pel grosa, edematosa e seca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciliado da antiga subclase dos holótricos.

    2. Antiga subclase de ciliados que presentan a membrana recuberta de cilios iguais e uniformemente repartidos e os cilios peristomáticos reducidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos homomiarios.

    2. Bivalvo lamelibranquio da antiga subclase dos homomiarios.

    3. Antiga subclase de bivalvos lamelibranquios, que se caracterizan por ter iguais os dous músculos adutores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á idea.

    2. Que só existe no pensamento.

    3. Que responde a un arquetipo ou a un concepto perfecto.

    4. Que reúne as mellores calidades posibles ou que é o mellor na súa liña.

      1. Representación perfecta de algo que se pode tomar como patrón.

      2. Aquilo ao que se aspira por consideralo o mellor.

    5. Conxunto de ideas, valores ou crenzas que ten unha persoa ou grupo.

    6. Subconxunto I dun anel A que cumpre estas dúas condicións: I é un subgrupo de A respecto á adición, e para calquera elemento a ? I e b ? A, a ¥ b ? I e b ¥ a ? I.

    7. Ente sen base empírica e racionalmente indemostrable, pero esixido pola razón como prototipo do xuízo e da acción e como único principio explicativo da existencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Representación exacta de algo ou alguén.

      1. Aparencia visible dun obxecto ou dunha persoa imitados polas artes plásticas ou gráficas.

      2. Representación de Xesús Cristo, a Virxe ou os santos.

    2. Figura que está formada polo conxunto de interseccións dos raios luminosos que proceden de cada un dos puntos dun obxecto (imaxe real), ou ben polo conxunto de interseccións das prolongacións dos raios luminosos, despois de ser modificada a súa traxectoria ao incidir nun sistema óptico ou ao atravesalo (imaxe virtual).

    3. Área total explorada, nos sistemas de televisión, polo feixe de electróns nos tubos analizadores e nos raios catódicos.

    4. Relación poética entre elementos reais e irreais, ou o termo irreal de dita relación.

      1. Representación interna no ámbito do cognoscible dun obxecto externo.

      2. Representación dunha experiencia perceptiva previa en ausencia da estimulación sensorial correspondente.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de implantar ou implantarse.

      1. Inserción dun implante.

      2. Anastomose cirúrxica terminolateral.

      3. Substancia, estrutura metálica ou sintética ou enxerto introducido cirurxicamente no tecido celular subcutáneo para dar soporte a unha prótese, conseguir unha liberación lenta do principio activo ou mellorar ou rexenerar a función dun órgano danado.

      4. Técnica cirúrxica que se emprega para o tratamento da xordeira bilateral profunda, que se basea na implantación dunha prótese que, mediante unha estimulación eléctrica directa sobre o nervio auditivo, produce no paciente unha sensación de audición.

    2. Fixación na mucosa uterina do ovo fecundado.

    3. Procedemento que consiste en bombardear un material con átomos ionizados de suficiente enerxía para penetrar máis alá da capa superficial do material.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de incluír.

    2. Partícula ou corpúsculo sólido que hai no citoplasma celular onde se acumulan substancias de natureza variada.

    3. Substancia que queda englobada no interior dun cristal no momento de cristalizar.

    4. Técnica histolóxica que consiste na introdución dunha substancia nun material biolóxico para darlle consistencia e poder cortalo en seccións finas ou superfinas.

    5. Pertenza, na álxebra de clases e na de relacións, de todos os membros dunha clase a outra ou dunhas relacións a outras.

    6. Relación de orde parcial entre conxuntos, definida pola condición A 0 B (A está incluído no conxunto B ou que A é un subconxunto de B), se, e soamente se, todos os elementos de A pertencen a B.

    7. Partícula, nun metal ou aliaxe, heteroxénea a este que queda incluída na masa metálica solidificada.

    8. Tratamento dunha mostra de solo con produtos aglutinantes para poder facer cortes microscópicos.

    VER O DETALLE DO TERMO