"Aios" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 190.

  • Producir un sistema raios láser.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo que xera luz coherente, case monocromática e altamente direccional no dominio espectral que vai das ondas submilimétricas aos raios X.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica terapéutica en que se utilizan raios láser. O uso máis estendido dáse na prevención e tratamento do desprendemento de retina en enfermos diabéticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sistema óptico formado por dúas superficies refrinxentes, unha delas curva, cun eixe común, denominado eixe principal. Atendendo á forma das superficies, clasifícansen en biconvexas, plano-convexas, cóncava-convexas, plano-cóncavas e bicóncavas, e atendendo á maneira de desviar os raios de luz, en converxentes e diverxentes.

    2. Peza de vidro de formas variadas que se empregan para refractar a luz dun modo concreto, e que están deseñadas para actuar conxuntamente con outros elementos do obxectivo e así poder obter unha imaxe nítida.

    3. Utensilio que esta formado por dúas lentes fixas munha armazón que se aopia no nariz e nas orellas e que se emprega para correxir defectos visuais.

    4. Cápsula de plástico ou de vidro, discoide, cóncava-convexa que se aplica sobre a córnea para corrixir algún defecto da visión.

    5. Dispositivo que permite desviar ou enfocar un feixe electrónico.

    6. Efecto de desdobramento da imaxe que se produce ao pasar a luz dun obxecto celeste arredado preto doutro máis próximo.

    7. idros ou plásticos tallados, derivados de lentes plano-convexas, que fan que os raios de luz que chegan paralelos ao eixe óptico, se concentren nun só punto ou foco, e cando saen deste, fanos paralelos nun tubo de luz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos lofiformes.

    2. Peixe da orde dos lofiformes.

    3. Orde de peixes, da clase dos osteíctios, de corpo nu ou cuberto de tubérculos espiñosos, que se caracterizan por presentar as aletas pectorais pedunculadas, os primeiros raios das aletas dorsais libres e transformados, e os filamentos pescadores e as fosas branquiais reducidas a un simple furado situado detrás de cada aleta pectoral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia que forma parte da constitución dos tubos dos raios catódicos da pantalla dos televisores, e que ten a propiedade de volverse luminiscente cando é estimulada por un feixe de electróns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á castaña seca e pelada. Tm s f.

    2. Rapaza engalanada con flores para a celebración dos maios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quinto mes do ano que conta con trinta e un días.

    2. Festa que se celebra os primeiros días de maio e que festexa a chegada da primavera.

    3. Construción de madeira adornada de follas e flores que se saca ás rúas nesta festa.

    4. Copla que se canta para acompañar o maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos malacopterixios.

    2. Peixe da familia dos malacopterixios.

    3. Familia de peixes teleósteos que presentan os raios das aletas brandos e articulados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á antiga Federación Malaia ou Malaisia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante da antiga Federación Malaia ou de Malaisia.

    3. Individuo dun pobo de raza paleomongólida orixinario da rexión chinesa de Yunnan, que se estableceron en Malaisia, Indonesia, Insulindia e a illa da Sonda entre 2500 e 1500 a C.

    4. Lingua austronesia que se fala en Malaisia, Indonesia e en diversos lugares de Asia sudoriental.

    VER O DETALLE DO TERMO