"Testi" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 209.

  • Anastomose cirúrxica que se fai entre o estómago e unha porción do intestino, especialmente do xexuno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao estómago e aos intestinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anastomose cirúrxica entre a parede anterior ou posterior do estómago e unha asa intestinal do xexuno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Célula ou conxunto de células illadas ou agrupadas nun órgano determinado con función secretora, endócrina ou interna e exócrina ou externa, de substancias de tipo hormonal ou encimático.

    2. Glándula que segrega en gran cantidade substancias propias da célula.

    3. Glándula do aparato xenital feminino, que desemboca en cada costado do orificio vaxinal dalgúns mamíferos, e que segrega un líquido mucoso, destinado a lubrificar o aparato xenital no momento do coito.

    4. Glándula situada no duodeno e disposta en dúas capas separadas pola muscularis mucosae que intervén na formación do zume intestinal.

    5. Glándula situada baixo a próstata, que segrega un produto alcalino, viscoso e mucoso que lubrifica a uretra e contrarresta o seu pH ácido. OBS: Tamén se denomina glándulas bulbouretrais.

    6. Glándula tubulosa simple situada na derme da mucosa do tubo dixestivo, desde o píloro ata o intestino groso.

    7. Folículo sebáceo localizado entre a cartilaxe tarsal e a conxuntiva palpebral, que produce unha secreción especial que, ao secar, forma as lagañas.

    8. Glándula mucosa situada ao redor do orificio do colo uterino.

    9. Glándula situada na parte final da uretra feminina.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos helmintos.

    2. Aplícase aos medicamentos que se empregan contra os helmintos intestinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ómito de sangue procedente do aparato gastrointestinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno metabólico que se caracteriza por unha absorción excesiva e crónica de ferro a nivel intestinal. É a causa da cirrose hepática, dunha pigmentación cutánea amarela e da diabete.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presenza, nun mesmo individuo, de órganos sexuais masculinos e femininos, de tecido ovárico e testicular ou ben de órganos de reprodución que non presentan a típica característica dun só sexo. A pesar de que é algo normal nun certo número de invertebrados, é completamente excepcional dentro da especie humana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Última sección do intestino delgado, que se estende entre o xexuno e o cego.

    2. Falta de progresión do tránsito intestinal, que se debe a unha obstrución da luz do intestino (íleo mecánico) ou a unha parálise da musculatura da parede dos intestinos (íleo paralítico ou adinámico).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á zona onde están unidos o íleo e o intestino cego.

    VER O DETALLE DO TERMO