"vermella" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 308.

  • Grupo de pigmentos vexetais que proporcionan as coloracións vermellas, moradas e azuis das plantas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección da pel en forma de placas vermellas e nodulosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Artrópodo da orde Araneae, que pertence á clase dos arácnidos. Distínguense doutros arácnidos pola presenza dun pedicelo que une o prosoma co opistoma. A maioría presentan oito ollos e teñen os quelíceros conectados a través de condutos a glándulas secretoras de veleno. No opistosoma sitúanse catro pares de fieiras, onde desembocan as glándulas da seda. Son carnívoras.

    2. Peixe, da familia dos traquínidos, de corpo alongado que presenta de 4 a 7 raios espiñentos provistos de glándulas.

      1. Crustáceo decápodo, da familia dos galateidos, de abdome ben desenvolvido e flexionado debaixo do tórax. Son de cor vermella con liñas azuis transversais.

      2. Nome de diversos crustáceos decápodos braquiúros, particularmente dos xéneros Inachus e Macropodia.

    3. Conexión feita cos extremos de todos os cables que entran nunha estación eléctrica distribuidora para deixar fóra de circuíto a árbore de transmisión, a estrutura e o cadro de mandos.

      1. Conxunto de cordas ou de pequenos cabos que saen dun mesmo punto en direccións diverxentes.

      2. Peza de madeira que evita que se enrede a vela cos cabos que guarnecen os paus.

    4. ácaro. 

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Área pequena, especialmente a que rodea algunha cousa.

      1. Zona de cor escura que envolve a mamila. OBS: Tamén se denomina aréola mamaria.

      2. Zona do iris que circunda a meniña do ollo.

      1. Pequena zona delimitada por un relevo ou ben cunha coloración.

      2. Relevo anular da membrana que envolve os poros das traqueidas.

      3. Grupo de acídulas das cactáceas.

    2. Espazo comprendido entre os nervios das ás dos insectos.

    3. Zona avermellada que pode aparecer despois dunha intradermorreacción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mamífero carnívoro da familia dos mustélidos, duns 30 cm de lonxitude do corpo e arredor de 11 cm de rabo. O seu pelame é delicado e moi suave, e pode presentar distintas cores segundo a estación: no inverno é branco e no verán, castaño avermellado coa zona ventral branca.

    2. Figura convencional, en forma de punta de frecha negra e longa con tres puntos no seu vértice superior, que vai en campo de prata e tenta representar a cola do armiño.

    3. Pel do mamífero do mesmo nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herba perenne da familia das aráceas, de ata 75 cm de lonxitude, que presenta un tubérculo horizontal e follas pecioladas e saxitadas. As flores dispóñense nun espádice cuberto por unha espata branca ou branca verdosa. Os froitos son baias vermellas e velenosas dispostas nunha espiga de ata 15 cm de lonxitude, especialmente patente ao desaparecer a espata na madureza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfuro de xermanio e de prata que cristaliza formando cristais rómbicos de forma pseudocúbica, fráxil, de cor gris ou avermellada e de brillo metálico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Claror avermellado que precede á saída do sol.

    2. Momento de saír o sol.

    3. Comezo dunha cousa.

    4. Meteoro luminoso que se produce na alta atmosfera, cerca das rexións polares, de orixe ligada a emisións solares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade de cuarzo ou feldespato con finas láminas de hematita ou doutros minerais que lle dan reflexos avermellados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • De cor vermella ou case vermella.

    VER O DETALLE DO TERMO