"sarco" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 48.

  • Glicoproteína de orixe celular, que é capaz de inhibir a multiplicación de calquera virus nas células da especie da que provén, modular as reaccións inmunitarias, inhibir a formación de anticorpos e moderar o crecemento das células tumorais, especialmente dos sarcomas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arácnido paramicroscópico, da orde dos ácaros, que escava galerías na parte interna da pel humana, sobre todo nas zonas interdixitais, e causa a sarna no home.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de virus das aves e dos mamíferos, constituídos por ARN e cunha envoltura proteica. Poden ser axentes causantes de leucemias, sarcomas e outras enfermidades non neoplásticas, mentres que outros leucovirus semellan inocuos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación en desuso de certos tipos de linfomas que corresponde aos que se coñecen como linfomas linfocíticos ben diferenciados, linfomas centrocíticos e linfomas centroblásticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor conxuntivo maligno derivado de células inmaturas do tecido adiposo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Designación antiga de calquera enfermidade da pel, habitualmente ulcerosa.

    2. Enfermidade da pel de causa descoñecida, que se caracteriza pola aparición de placas avermelladas ricas en queratina, que ao evolucionar deixa áreas da pel atrófica.

    3. Colaxenose crónica, de causa descoñecida, que afecta sobre todo ás mulleres novas, que pode manifestarse por un eritema das rexións malares da cara, a miúdo en forma de ás de bolboreta, ou por lupus discoide.

    4. Tipo de sarcoidose cutánea.

    5. Tuberculose cutánea, con nódulos avermellados de crecemento lento, que tenden a ulcerarse e a deixar cicatrices.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Funcionario que na Antiga Grecia se encargaba de gardar a orde.

      1. Subfilo de protozoos, do filo dos sarcomastigóforos, que posúen flaxelos como medio de locomoción. Inclúe protozoos fotosintéticos, fitomastigóforos e non fotosintéticos, zoomastigóforos, con numerosas ordes de interese parasitológico. É considerado por moitos autores un filo.

      2. Relativo ou pertencente aos mastigóforos.

      3. Protozoo do subfilo dos mastigóforos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor que presenta todas as características do sarcoma, e que se diferencia pola abundancia de pigmentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula xigante multinuclear da medula ósea e de certas variedades de sarcoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mioma con elementos sarcomatosos.

    VER O DETALLE DO TERMO