"croma" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 90.

  • Marca de resinas sintéticas utilizadas no tratamento de augas, en cromatografía e en certas preparacións farmacéuticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao sistema óptico que ten corrixida a aberración cromática polo menos para tres cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cerámica monocroma, con emprego exclusivo da cor vermella e puída, que define o Calcolítico Antigo do S de Italia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Denominación non sistemática do dicromato.

    2. Nome habitual do dicromato de potasio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cor da carne, especialmente da humana.

    2. Cor que imita a da pel viva nas figuras humanas das representacións pictóricas ou nas tallas policromadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cefalópodos.

    2. Molusco da clase dos cefalópodos.

    3. Clase de moluscos mariños que teñen o pé transformado en tentáculos non retráctiles, cubertos de ventosas internas e, a miúdo, de uñas córneas. Teñen moitos cromatóforos dérmicos que permiten cambios de coloración rápidos e altamente crípticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medida da cromaticidade ou da luminosidade dunha radiación luminosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento que mide a cromaticidade ou a luminosidade dunha radiación luminosa.

    2. Absorciómetro de luz visible empregado en colorimetría.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de condensar ou condensarse.

    2. Paso dunha substancia do estado de vapor a un estado condensado, é dicir, ao estado líquido ou sólido.

    3. Aumento de densidade.

    4. Proceso en que se unen as dúas moléculas que van reaccionar.

    5. Proceso inconsciente que se produce durante o sono que, segundo a psicanálise, consiste nunha refundición de pensamentos ou contidos latentes nun só contido manifesto.

    6. Proceso que ten lugar durante a división celular e que leva ao empaquetado da cromatina interfásica en cromosomas metafásicos.

    7. Corpúsculos sobre os que se inicia a condensación de vapor de auga atmosférica en forma de gotas, cando o grao higrométrico é suficientemente alto pero non chega á saturación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de conxugar ou conxugarse.

    2. Ordenación dun sistema de paradigmas en que se expresan todos os morfemas gramaticais do verbo: a voz, o tempo, o aspecto, o modo, o número e a persoa.

      1. Unión dos gametos, especialmente na isogamia.

      2. Proceso particular de reprodución sexual dos cilióforos, onde intercambian material cromatínico con modificacións nucleares que conducen a unha división binaria.

      3. Tipo de reprodución sexual que se produce nalgunhas algas e que consiste na unión de dous acinetos.

      4. Mecanismo de intercambio xénico, propio das bacterias, que consiste no establecemento de pontes citoplasmáticas a través do pelo sexual pola que se transmiten plásmidos dunha célula a outra; nalgúns casos, estes plásmidos levan unidos fragmentos do cromosoma da célula doadora.

    3. Operación que fai corresponder a toda partícula fundamental a súa antipartícula e, por extensión, o operador que realiza esta acción.

    4. Utilización de fenómenos de óptica non lineal para inverter unha onda luminosa de xeito que a onda de retorno percorra exactamente a traxectoria da onda incidente.

    VER O DETALLE DO TERMO