"cole" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 484.

    1. Acción e efecto de adaptar ou adaptarse.

    2. Proceso social e cultural que facilita o axeitamento dos individuos, grupos humanos ou colectividades sociais ao medio físico e social no que se desenvolven.

    3. Conxunto de modificacións hereditarias que lle permiten a un organismo ou unha especie adecuarse ao medio.

    4. Transformación dun texto literario noutro xénero ou medio expresivo.

    5. Arranxo dunha obra con vista a executala con elementos distintos dos orixinais.

    6. Conxunto de reaccións non específicas do organismo fronte a unha agresión calquera.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos adéfagos.

    2. Insecto da suborde dos adéfagos.

    3. Suborde de coleópteros  carnívoros que comprende as familias dos carábidos, cicindélidos, ditíscidos, halíplidos, higróbidos e xirínidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coleccionismo de selos e outras pezas filatélicas relacionados cos medios de comunicación ou co transporte a través do aire.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Libro en branco empregado para reunir nel poesías, máximas, pezas de música, coleccións de debuxos, fotografías ou selos.

    2. Táboa pintada de branco ou recuberta de xeso onde se transcribían, antigamente, os edictos dos pretores, listas de xuíces e outros anuncios de carácter político e administrativo.

    3. Libro dotado de follas fixas ou móbiles destinado á montaxe dos selos dunha colección con carácter permanente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que alonga.

    2. Instrumento de laboratorio que consiste, esencialmente, nun tubo de vidro aguzado que se adapta ao colo dun balón e que se utiliza nas destilacións para facer pasar o destilado do refrixerante ao colector.

    3. Peza que serve para aumentar a lonxitude dun órgano, dun aparello ou dunha estrutura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colesterina extraída do ámbar gris, do que é un dos principais constituíntes, que se emprega en perfumaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de fragmentos literarios escollidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten moitos anos.

    2. Persoa de moitos anos.

    3. Nome dunha dignidade ou función de goberno, principalmente colexial.

    4. Designación de Deus, segundo o xudaísmo, na literatura apocalíptica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de anécdotas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á familia dos anóbidos.

    2. Insecto da familia dos anóbidos.

    3. Familia de insectos da orde dos coleópteros, que comprende individuos xilófagos.

    VER O DETALLE DO TERMO