"Unna" (En toda a entrada)

Amosando 3 resultados de 13.

    1. Relativo ou pertencente ao grupo étnico tai, á súa cultura ou á súa lingua.

    2. Individuo do grupo étnico tai.

    3. Grupo étnico que representa unha variante meridional dentro do grupo xantodermo, disperso por unha zona que vai de Assam á illa de Haian e de Yunnan (S de China), e ata o golfo de Tailandia. Vive en Vietnam, Laos, Tailandia, China meridional e Myanmar.

    4. Lingua da familia tai-kadai que falan os tais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á escola zahirita.

    2. Membro da escola zahirita.

    3. Escola xurídica do Islam que admite como única fonte legal o sentido externo do Alcorán e da sunna.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos zhuang.

    2. Individuo do grupo étnico zhuang.

    3. Grupo étnico da familia dos tai que habita ao SL de China, na rexión autónoma de Guangxi Zhuang e en áreas autónomas dentro das provincias de Yunnan e Guangdong.

    VER O DETALLE DO TERMO