"UPI" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 102.

  • Mamífero marsupial pertencente á familia dos macropódidos, que presenta as patas anteriores curtas e as posteriores longas e fortes, adaptadas ao salto, que serven de soporte, xunto coa longa e musculada cola. Posúen marsupio, son herbívoros e viven nos prados, estepas e sabanas australianas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cesto pequeno con asa, feito de tecidos moi tupidos como varas entretecidas, vergas ou palla, que xeralmente se leva no brazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Froito do carballo.

    2. Póla dun carballo despois de separala da árbore.

    3. Carballo vello coa copa tupida e co tronco voluminoso.

    4. Denominación vulgar de algas do xénero Fucus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tea de fío ou seda moi fina e transparente.

    2. Instrumento formado por unha caixa, normalmente redonda e de madeira, aberta por arriba e cunha tea de arame por abaixo, mais ou menos tupida, que se emprega para peneirar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea anual, da familia das fabáceas, que presenta talos gabeadores, flores brancas ou púrpuras dispostas en acios, e froitos en legume con sementes comestibles.

    2. Planta herbácea, do xénero Lupinus, da familia das fabáceas, que presenta follas cun longo pecíolo e dixitadas, flores papilonáceas en ramos terminais e froito en legume con sementes cun alto contido en proteínas.

    3. Semente comestible da planta do mesmo nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Medida de capacidade para áridos que equivale a un ferrado.

    2. eiga de pequenas dimensións.

    3. Artefacto pirotécnico composto dun cartucho cheo de pólvora e dunha vara que, ao prendelo, estoupa no aire cun forte balbordo.

    4. Denominación dalgúns cogomelos, especialmente os do xénero Macrolepiota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero marsupial, da familia dos fascolártidos, que ten o corpo groso e o pelame mesto e de cor cinsenta, agás o queixo, o peito, a parte interior das extremidades e as orellas, de gran tamaño, que son de cor branca. É unha especie arborícola e nocturna que vive nos bosques de eucaliptos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Serpe, da familia dos colúbridos, coa cabeza cuberta de grandes escamas, a pupila habitualmente redonda, con escamas pequenas no dorso e nos costados e grandes no ventre. Algúns casos presentan dentes acanalados que inoculan veleno.

      2. Cobra do xénero Natrix que vive asociada a medios acuáticos.

      3. Cobra que presenta o dorso de cor variable e lisa, verde ou acastañada, o ventre branco con manchas negras e cadradas.

      4. Cobra co dorso e cos laterais do corpo acastañados, parda ou verdosa, salferido de amarelo, sobre todo na zona central.

      5. Cobra co ventre alaranxado ou amarelo e co dorso claro con grandes manchas negras, redondas ou romboidais. Na cabeza presenta unha mancha negra en forma de U.

      6. Cobra do xénero Coronella de tamaño moderado, que se caracteriza por presentar unha liña escura desde o ollo ata o pescozo.

      7. Cobra que posúe cabeza grande, estreita e bastante alta, coas escamas supraoculares moi anchas. O dorso é verde oliva ou cinsento, coa cabeza e o pescozo máis claros e o ventre de cor clara con manchas negras. OBS: Tamén se denomina cobregón.

      8. Cobra de fociño agudo, corpo groso e longo, co dorso de cor amarelada ou parda, con dúas liñas escuras paralelas e lonxitudinais.

      9. Cobra co dorso pardo cinsento e cun deseño en zigzag máis escuro, ventre reticulado e iris amarelo ou alaranxado.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Afección aos praceres materiais, especialmente os sensuais.

    2. Tendencia espontánea, previa á opción libre, que inclina a vontade cara a un ben parcial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten concupiscencia.

    VER O DETALLE DO TERMO