"Reid" (En toda a entrada)

Amosando 8 resultados de 18.

  • Calidade de incorpóreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ninfa do mar que se representaba na mitoloxía grega parcialmente vestida, durante o s V, ou núas a partir da época helenística.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos nereidos.

    2. Poliqueto da familia dos nereidos.

    3. Familia de poliquetos, da orde dos filodócidos, que son errantes e unisexuais e presentan o prostomio groso e moitos segmentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Molusco lamelibranquio, da familia dos ostreidos, que ten a cuncha bivalva, irregular e áspera con liñas de crecemento laminar por fóra e lisa e anacarada por dentro. Habita nas costas de todos os mares europeos e soporta perfectamente os cambios de salinidade provocados polas mareas.

    2. Molusco lamelibranquio, da familia dos anómidos, que presenta a cuncha amarela ou avermellada, fráxil, cun buraco na valva inferior que é plana, e tres cicatrices nunha cuncha superior abombada, que corresponden aos músculos adutores. Vive en substratos duros e sobre outras cunchas.

    3. Ostra que contén no seu interior perla e nácara. Destaca a <i>Meleagrina margaritifera</i> que se pode localizar en augas do golfo Pérsico e no Índico.

    4. Molusco lamelibranquio, da familia dos ostreidos, que presenta unha cuncha sólida coa parte superior plana, sen dentes na charneira e de cor branca ou crema con manchas púrpuras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ostreidos.

    2. Molusco da familia dos ostreidos.

    3. Familia de moluscos lamelibranquios, da superorde dos filibranquios, que son xeralmente monomiarios ou moi anisomiarios, son hermafroditas e non presentan sifóns, nin pé, nin glándula do biso. As dúas valvas son diferentes e a charneira non ten dentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos reidos.

    2. Ave da familia dos reidos.

    3. Familia de aves, da orde dos estrucioniformes, que comprende especies de grandes dimensións coas patas con tres dedos cara a adiante, sen glándula uropixial nin plumas no rabo, e con ás non funcionais. Comprende os ñandús.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos reiformes.

    2. Ave da antiga orde dos reifomes.

    3. Antiga orde de aves que comprendía a familia dos reidos, actualmente incluída na orde dos estrucioniformes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia que procede da substitución de grupos ácidos da urea por átomos de hidróxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO