"Ravel" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 29.

  • Pequeno guindastre que se despraza sobre vías ou rodas, coma se fose un travelling.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos drílidos.

    2. Insecto da familia dos drílidos.

    3. Familia de coleópteros á que pertence o xénero Drilus. Os individuos machos caracterízanse  por ser escaravellos de corpos ovados, aplanados e de cores escuras, con inmensas antenas pectinadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos elatéridos.

    2. Insecto da familia dos elatéridos.

    3. Familia de coleópteros, formada por escaravellos alongados e estreitos, moitas veces cubertos dunha fina pilosidade, con antenas de 11 artellos que poden aloxarse nuns sucos laterais, e cabeza encaixada baixo o pronoto, que ten os ángulos posteriores prolongados cara a atrás e rematados nunha punta aguda. Presentan un mecanismo de resorte que lles permite saltar cando quedan de costas e indefensos, co que recuperan a posición normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Par primeiro de ás dalgúns insectos, especialmente escaravellos (coleópteros), cadelas de frade (dermápteros) e grilos (ortópteros), que se presenta endurecido e que cumpre unha función protectora do segundo par membranoso apto para o voo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos endomíquidos.

    2. Coleóptero da familia dos endomíquidos.

    3. Familia de coleópteros, de escaravellos pequenos, que se alimentan principalmente de cogomelos ou se desenvolven nos niños de formigas ou térmites.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos erotílidos.

    2. Coleóptero da familia dos erotílidos.

    3. Familia de coleópteros propios de cascas de árbores mortas, que se caracterizan por ser escaravellos de tamaño medio ou pequeno e as máis das veces de cor alaranxada, vermella ou negra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos escarabeidos.

    2. Insecto da familia dos escarabeidos.

    3. Familia de coleópteros que se presentan como escaravellos de antenas rematadas nunha especie de abano, as patas longas e provistas de dentes no bordo externo das tibias que lles serven para cavar e as ás de venación reducida. OBS: Tamén se denominan lamelicornios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mover a terra de maneira superficial.

    2. Andar repetidamente cos dedos ou cun utensilio no interior de algo, especialmente no nariz, nunha ferida ou nos dentes.

    3. Facer buracos.

    4. Fedellar nalgunha cousa ou nalgún asunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Insecto adulto da orde dos coleópteros.

    2. Neno inquedo que non para de andar dun lugar para outro.

    3. Persoa baixa e de corpo mal feito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos escolítidos.

    2. Insecto da familia dos escolítidos.

    3. Familia de coleópteros constituída por escaravellos de pequeno tamaño, de corpo groso e cilíndrico, dotados de élitros de extremo riscado. As eirugas, na maior parte das especies, son xilófagas, e practican túneles baixo a casca das árbores.

    VER O DETALLE DO TERMO