"PY" (En toda a entrada)

Amosando 8 resultados de 18.

  • Mamífero da orde dos primates, cos membros anteriores desproporcionadamente longos, os pés articulados oblicuamente coa tibia e case todo o corpo cuberto de pelo avermellado, que pasa a maior parte do tempo nas árbores. Os machos presentan protuberancias adiposas na gorxa, nos lados da cara e nas axilas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe moi voraz que pertence aos xéneros <i>Serrasalmus, Roosveltiella e Pygocentrus</i>, da orde dos cipriniformes, que presentan dentes triangulares que encaixan perfectamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea, da familia das asteráceas, que presenta follas recortadas, flores de lígulas de cor branca ou amarela dispostas en capítulos e froito en aquenio plano e alado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Réptil ofidio que pertence aos xéneros <i>Python, Loxocemus</i> e Calabria, da familia dos boidos, que ten o corpo de gran tamaño, con dentes moi desenvolvidos en forma de uña, e a cola curta e maciza, que actúa de órgano prénsil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marca rexistrada dun vidro especialmente resistente ao lume e á calor, feito a base de borosilicato de aluminio e de sodio e co que se fabrica material de laboratorio e recipientes en que se poden cociñar os alimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ave, que pertence aos xéneros Pyranga, Taranga e Thraupis, da orde dos paseriformes, que presenta o peteiro alongado e fino, as ás curtas e a plumaxe de cores vivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estrutura anatómica que ten forma de cinta ou faixa alongada.

    2. Platihelminto que pertence aos xéneros Taenia, Echinococcus, Dipylidium ou Hymenolepis, da clase dos cestodos, que presenta o escólex con catro ventosas e ganchos quitinosos para poder fixarse no intestino do animal parasitado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coleóptero, da familia dos lampíridos, de cor escura, e coa cabeza oculta baixo a parte anterior do tórax. As femias carecen de ás e o seu abdome luminoso utilízano para atraer os machos, que tamén poden emitir luminosidade.

    VER O DETALLE DO TERMO