"Oruro" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 63.

    1. Que evita ou diminúe a reflexión da luz sobre un corpo.

    2. Capa moi fina de certas substancias, xeralmente un fluoruro metálico, que ao depositarse sobre a superficie dunha lente, diminúe a reflexión dos raios incidentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos solventes que non aceptan nin ofrecen protóns, como o benceno ou o tetracloruro de carbono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oxicloruro de cobre hidratado, de fórmula Cu 2 (OH) 3 Cl. Cristaliza na singonia rómbica. É de cor verde, translúcida, de resplandor vítreo e de boa exfoliación

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao ouro.

    2. Que contén ouro.

    3. Aplícase aos compostos en que o ouro é trivalente.

    4. tricloruro de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resina fenólica termoendurecible que se emprega como illante. Foi desprazada polo policloruro de vinilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Designación non sistemática do ión hidroxenofluoruro HF – 2 .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cloruro hidratado de magnesio, que se presenta en cristais monoclínicos pseudohexagonais, de cor branca e brillo vítreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Borato e cloruro de magnesio, que se presenta en masas brancas ou en cristais translúcidos, incoloros ou azulados, e constitúe un mineral dimorfo, cúbico e rómbico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto binario de boro e un elemento menos electronegativo, xeralmente metais de transición, que teñen aplicación como abrasivos, refractarios e emisores de electróns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Óxido de calcio impuro, que se emprega na construción, para depurar augas duras e como material refractario no recubrimento de fornos de alta temperatura. OBS: Tamén se denomina cal anhidro ou cal vivo.

    2. Pedra calcaria calcinada con propiedades semellantes ás do cemento.

    3. Hidróxido de calcio comercial, que se emprega na industria química, na construción e como funxicida e fertilizante. Mesturado con area ou pedra moída constitúe a argamasa.

    4. Mestura dos hidróxidos de calcio e de sodio que se emprega na industria e nos laboratorios pola súa propiedade para absorber o dióxido de carbono.

    5. Hidrato do sal dobre de hipoclorito e cloruro de calcio, que se emprega como oxidante, branqueador e desinfectante. OBS: Tamén se denomina pos de gas ou de branqueado.

    VER O DETALLE DO TERMO