"Luna" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 28.

    1. Satélite natural da terra, de forma sensiblemente esférica, un diámetro de 3.473 km, unha masa igual a 1/81 da masa da Terra, e unha atmosfera de densidade moi baixa, que se atopa a unha distancia media da Terra de 384.000 km e a aceleración da gravidade na súa superficie representa o 16% da que se experimenta na superficie da Terra. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

      1. Cada unha das fases do satélite da terra.

      2. A Lúa na fase chea. OBS: Tamén se denomina plenilunio.

      3. A Lúa na fase crecente. No momento desta fase, dise que a Lúa está en cuarto crecente.

      4. A Lúa na fase minguante. No momento desta fase dise que a Lúa está en cuarto minguante. OBS:  Tamén se denomina devalo.

      5. A Lúa na fase nova. OBS: Tamén se denomina novilunio.

      6. Inicio do cuarto minguante.

      1. Mes lunar.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intervalo de tempo que separa, como termo medio, dúas conxuncións consecutivas da Lúa co Sol, é dicir, dúas lúas novas. Este intervalo é de 29 días, 12 horas e 44 minutos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á Lúa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mancha escura redondeada que aparece na pel e está producida pola acumulación de pigmentos, sobre todo melanina.

    2. Figura circular que adorna unha tea ou outra cousa, xeralmente de cor distinta á da superficie na que está.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fento, da familia das ofioglosáceas, cunha folla estéril pinnatisecta, de segmentos en forma de media lúa ou de abano, e cunha folla fértil panicular.

    2. Planta herbácea bienal, da familia das brasicáceas. Presenta follas ovadas e desigualmente dentadas, flores purpúreas ou raramente brancas, dispostas en acios, e de froitos en silícula, grandes e amplamente elípticos; ten septos persistentes, que son brancos e brillantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calendario no que o tempo se conta por lúas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que sofre trastornos psíquicos pasaxeiros ou que presenta un comportamento estraño e maniático, que se atribúe á influencia da Lúa nalgunha das súas fases. Tm s, referido a persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lente cóncava-convexa.

    2. Fibrocartilar interarticular dunha forma máis ou menos semilunar, como o do xeonllo ou o da articulación esternoclavicular.

    3. Superficie dunha columna líquida dentro dun tubo estreito, que pode ser cóncava ou convexa, segundo o líquido molle ou non as partes do tubo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que mingua.

    2. Descenso da marea e tempo que dura.

    3. Intervalo de tempo da fase lunar comprendido entre a lúa chea e a lúa nova.

    4. Diminución do nivel das augas dun río.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro día do antigo calendario lunar que se celebraba en diferentes tradicións relixiosas.

    VER O DETALLE DO TERMO