Sucesión das cousas, considerada como transcorrente dunha maneira continua e uniforme e que se mide por fenómenos sucesivos acontecidos a intervalos regulares, como o ciclo solar, o ciclo lunar ou o curso das estacións.
Período determinado dentro desta sucesión.
Idade de algo ou alguén.
Período de longa extensión.
Período ao que se alude e que adoita ter como referente algún feito concreto.
Espazo ou momento apropiado para facer algo.
Estado da atmosfera nun lugar e nun momento determinado. Tm fig.
Cada unha das partes en que se divide a execución dalgunha cousa.