"Asturia" (En toda a entrada)

Amosando 4 resultados de 14.

  • Preparación culinaria tradicional de Asturias que se elabora con fabas, chourizo, morcilla, touciño, cebola, allo, pirixel e unha folla de loureiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Galicia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Galicia.

    3. Lingua románica que se fala na actual Galicia administrativa e nas comarcas estremeiras da Terra Eo-Navia (Asturias), Os Ancares Orientais e O Bierzo Occidental (León) e As Portelas (Zamora), ademais do grupo dialectal que se fala en Cáceres e que comprende os falares de San Martín de Trevejo, Eljas e Valverde del Fresno.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a León ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante de León.

      1. Relativo ou pertencente ao leonés.

      2. Lingua hispánica que se estendía polo antigo reino de León, desde Asturias ata Badajoz, e que aínda se fala no occidente de Cantabria, parte das provincias de León, Zamora, Salamanca e norte de Cáceres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pobo da Gallaecia, do Convento Asturicense. Un dos seus poboamentos localízase na parte oriental de Asturias, na fronteira cos cántabros, e outro ao S da actual provincia de León e ao L do río Órbigo.

    VER O DETALLE DO TERMO