"Acis" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 36.

  • Ungüento composto de cera, colonia, aceite e esencias que se empregaba como depilatorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea perenne do xénero Stipa, da familia das poáceas. As follas son ríxidas, lineais e enroladas, co extremo punzante e a marxe cuberta de pelos. Forma moutas densas e duras que poden dominar certas paisaxes áridas. As inflorescencias son panículas, estreitas e densas, de cor amarelenta, que presentan unha única flor hermafrodita por espiguiña. A especie máis importante é Stipa tenacissima, que non é apta para a alimentación do gando pero da que tradicionalmente se usan as follas como importante fibra téxtil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de pronuncia do grego clásico, defendida por Erasmo de Rotterdam, que coincide substancialmente coa pronuncia bizantina ou neogrega.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se pode facer, entender ou conseguir sen moito esforzo.

    2. Que hai moitas probabilidades de que ocorra.

    3. Que accede de bo grao ao que se lle propón.

    4. Con facilidade ou sen esforzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Atril de grandes dimensións que sostén os libros de canto nas igrexas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que permite dar a ilusión de movemento e que está formado por dous discos que xiran sobre un mesmo eixe, un deles cunhas aberturas radiais que permiten mirar ao segundo, e este cunhas fases sucesivas dun movemento debuxadas, que ao xirar os discos e mirar a través das aberturas, as figuras parecen moverse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dificultade para pronunciar as consoantes velares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Terreo en pendente que baixa desde o camiño cuberto ata o campo nunha fortificación.

    2. Forma de relevo que se caracteriza por ter unha topografía de pendente lonxitudinal (entre o 1 e o 5%) e que precisa unha desnivelación morfotopográfica, ao pé da que se forma o glacis, e procesos de arroiada e precipitacións irregulares pero intensas. OBS: Tamén se denomina rampla de erosión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se caracteriza pola súa delicadeza, esvelteza e flexibilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relevo residual illado que, por riba dunha penechaira ou dun glacis, pode acadar alturas superiores aos 500 m. Aparece en rexións de clima seco e caloroso.

    VER O DETALLE DO TERMO