"nuclei" (Contén)

Amosando 7 resultados de 7.

  • Aplícase ao ácido portador da información xenética que se localiza no núcleo como compoñente fundamental dos cromosomas e tamén noutros orgánulos, como son as mitocondrias ou os cloroplastos. Está constituído por dúas longas cadeas dispostas en dobre hélice, de desoxirribonucleótidos unidos covalentemente por pontes 3’,5’-fosfodiéster; a cada unidade de desoxirribosa vai unida unha base nitroxenada que pode ser: adenina (A), timina (T), citosina (C) ou guanina (G), e que son as portadoras da información xenética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Encima que cataliza a síntese do ácido desoxirribonucleico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao ácido que é unha macromolécula formada por grupos de nucleótidos unidos entre si mediante enlaces covalentes, e que é responsable do almacenamento e da transferencia do código xenético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se asemella a un núcleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia que se forma ao combinarse os ácidos nucleicos coas fosfoproteínas nun medio lixeiramente ácido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao ácido nucleico formado por ribosa, ácido fosfórico e bases nitroxenadas (adenina, guanina, citosina e uracilo), responsable da síntese de proteínas. Existen tres tipos principais: o ARN mensaxeiro (ARNm), o ARN ribosómico (ARNr) e o ARN de transferencia (ARNt).

    VER O DETALLE DO TERMO