"lepido" (Contén)

Amosando 10 resultados de 15.

  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘escama’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á textura dalgunhas rochas metamórficas constituídas por minerais de hábito laminar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mineral dimorfo da goethita, que cristaliza no sistema ortorómbico e presenta o fenómeno do pleocroísmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás lepidondendrais.

    2. Planta da orde das lepidodendrais.

    3. Orde de plantas arborescentes que presentan talos ramificados dicotomicamente, con follas ligulares que deixaban sinais romboidais, características dos restos fósiles. Viviron a finais da Era Primaria en terreos pantanosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pteridófito que pertence ao xénero Lepidodendro da familia das lepidodendráceas, que se caracteriza por presentar nas follas sinais romboidais aliñados verticalmente, moi preto uns dos outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mineral do grupo das micas, de composición variable, que se presenta normalmente en agregados laminares de cor rosada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten as ás escamosas.

      1. Relativo ou pertencente aos lepidópteros.

      2. Insecto da orde dos lepidópteros.

      3. Orde de insectos, da clase dos pterigotos, que se caracterizan por presentar catro ás membranosas con pouca venación e recubertas de escamas, a miúdo moi coloridas, e unha espiritrompa para chuchar o néctar e os zumes vexetais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa versada en lepidopteroloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da entomoloxía que estuda os lepidópteros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos lepidosauros.

    2. Réptil da superorde dos lepidosauros.

    3. Superorde de réptiles, da subclase dos diápsidos, que inclúe as ordes dos ofidios e os saurios e que comprende os individuos que teñen a pel recuberta de escamas e a segunda fosa temporal pouco definida. Apareceron a finais do Permiano e no comezo do Triásico, e estendéronse por todo o mundo coincidindo coa desaparición dos dinosauros. Actualmente constitúen o grupo máis representativo e maioritario dos réptiles.

    VER O DETALLE DO TERMO