"Vinci" (Contén)

Amosando 8 resultados de 8.

      1. Unidade administrativa territorial de primeiro grao propia de moitos estados.

      2. Territorio sometido á xurisdición dun maxistrado romano na Antiga Roma, que correspondía aos termos xenéricos de rexión, nación.

      3. Conxunto de mosteiros ou conventos de cada unha das ordes relixiosas que ocupan un territorio e que dependen dun mesmo superior ou provincial.

      4. Circunscrición territorial máis ampla das circunscricións eclesiásticas, constituída por un grupo de dioceses, territorialmente contiguas, e administrada por un arcebispo ou metropolitano.

      5. Circunscrición territorial propia de ordes e congregacións relixiosas, máis grandes ca as divisións administrativas dos estados.

    1. División fitoxeográfica inferior á rexión, en que abundan os endemismos a escala de xénero e especie.

    2. Rexión natural onde as rochas correspondentes a determinados ciclos de actividade ígnea se caracterizan individual e colectivamente pola súa composición química e mineralóxica, pola súa textura e estrutura, pola xénese, polas alteracións e por todo aquilo que indique comunidade de orixe e analoxía de evolución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á provincia.

    2. Que exerce a potestade sobre unha provincia relixiosa. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dignidade ou cargo de provincial.

    2. Época e duración do goberno dun ou dunha provincial.

    3. Conxunto de provinciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Afección ou preferencia polos usos ou costumes da provincia.

    2. Palabra ou xiro propio dunha provincia.

    3. Exaltación da afección política á provincia.

    4. Doutrina que propugna as prerrogativas políticas da provincia fronte ao poder central do estado. En Galicia comprende, aproximadamente, o período entre 1840 e 1885.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao provincialismo.

    2. Partidario do provincialismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento previo para a xestión directa de servizos públicos provinciais de natureza económica, mercantil ou industrial, que se pode efectuar en réxime de libre concorrencia ou de monopolio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condición de provinciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a unha provincia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante dunha provincia.

    VER O DETALLE DO TERMO